02/08/2026
A Xunta de Galiza acaba de declarar a emerxencia cinexética en todo o territorio e durante un ano para o control do xabarín, unha medida que revela unha grave irresponsabilidade na xestión pública da problemática das poboacións desta especie.
30/07/2026
Empresas eólicas con parques paralizados cautelarmente polo TSXG para evitar danos ambientais irreparábeis están a solicitar á Xunta a declaración de utilidade pública para poder ocupar as terras ou expropialas, nunha posíbel manobra de intimidación.
30/07/2026
A delegación de ADEGA en Lugo considera inaceptable que un organismo público manipule o contido da normativa para restrinxir o dereito da cidadanía ao paso público. Denuncia tamén a vulneración dos dereitos lingüísticos ao excluír o galego.
28/07/2026
A campaña de doazóns impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan parcial S5I vén de acadar a metade do obxectivo total de recadación, que ascende a 12000 €.
27/07/2026
O noso país afronta esta ominosa tempada de lumes precedida de temperaturas extremas. Mentres, a Xunta, abanea entre a inacción covarde e a promoción suicida do eucalipto.
23/07/2026
A asociación alerta de que o proxecto pretende alterar e canalizar as nacentes do río Rato malia que a normativa urbanística e ambiental obriga á súa conservación no estado máis natural posible.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal