Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
15/10/2015
Unha recente sentenza da Audiencia Nacional ratificou a prohibición de plantar E. nitens nunha parcela asturiana como pretendía ENCE. A peritaxe científica foi demoledora: esta especie ten forte carácter invasor e é un risco para a biodiversidade
14/10/2015
O Estado vén de aprobar o decreto do autoconsumo co polémico "imposto ao sol". Cárgalles unha peaxe a usuarios/as e Pemes que desincentiva o autoconsumo e atranca a estensión das renovábeis, perpetuando a dependencia das eléctricas
09/10/2015
ADEGA vén de denunciar na Fiscalía ambiental as ofertas de trofeos de lobo aparecidas en varias webs de anuncios e caza. Os prezos oslilan entre os 1000 e os 2800€. A venda de trofeos de lobo, prohibida en Galiza, pode ser causa de delicto penal
07/10/2015
A proposición de lei para prohibir o emprego de munición de chumbo en toda Galiza, que arestora tramita o Parlamento Galego, bateu coa radical oposición dos cazadores máis cavernícolas: a Federación Galega de Caza
30/09/2015
ADEGA alerta dos danos que están a sofrer os niños da nosa vespa autóctona (Vespa crabro) ao seren confundidos cos da vespa asiática (Vespa velutina). A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite.
18/09/2015
O buraco negro de SOGAMA segue papando inxentes cantidades de cartos públicos. Manter o monstro en marcha, a incineradora e o vertedoiro, consumíu no que vai de ano 468,84 millóns de €. Pola contra, para a compostaxe -prioritaria por lei- só 0,09M€
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal