21/05/2019
As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa.
20/05/2019
ADEGA colaborou na elaboración dunha aplicación móbil para facer seguimento do programa compostelán de compostaxe caseira, que facilita a recollida e xestión de datos.
20/05/2019
Os pasados días 15 e 16 de maio realizouse a segunda reunión das entidades socias do proxecto Linving River na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, no que se acordaron cuestións relativas á participación do Ensino no proxecto.
17/05/2019
A delegación luguesa de ADEGA vén de dirixir a todas as forzas políticas que aspiran a gobernar a cidade da Muralla a partir do 26 de maio un decálogo de propostas ecoloxistas co obxectivo de introducir a a axenda ecoloxista no debate electoral.
16/05/2019
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de denunciar á Xunta perante o Seprona por posíbeis danos nun petróglifo situado no Xistral, concretamente no Chao de Sinás (Ourol-Lugo).
14/05/2019
A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virxinia Rodríguez Álvarez, asinou hoxe o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Mª Vázquez Mourelle.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal