ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
19/01/2026

O proxecto de central de bombeo de Meirama pon en alto risco a auga potábel da Coruña

Proxéctase a construción dunha central enerxética que emprega como depósito inferior a balsa mineira de Meirama, cuxa auga desemboca no encoro de Abegondo-Cecebre; e unha balsa superior que anegará zonas naturais non inventariadas.

+info

15/01/2026

ADEGA denuncia a fragmentación ilegal do proxecto de macroplanta de biometano en Curtis e alerta da súa nula viabilidade a longo prazo

A asociación ecoloxista esixe unha avaliación ambiental conxunta con outras dúas plantas existentes para que se teñan en conta os efectos acumulativos. ADEGA tamén advirte de graves riscos para a seguridade das persoas.

+info

13/01/2026

A incorporación da mancomunidade Serra do Barbanza a SOGAMA: un paso atrás

ADEGA lamenta este paso atrás propiciado polo trumpismo ambiental da Xunta, e lembra que a responsabilidade da xestión dos residuos, aínda coa Xunta a saboteala, segue nas mans dos concellos.

+info

13/01/2026

A Fiscalía investiga a canteira da Trinidade en Lugo tras unha denuncia de ADEGA por irregularidades

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian que a explotación ocupa unha superficie dez veces maior á autorizada, posibles afeccións a patrimonio protexido e dúbidas sobre a imparcialidade das inspeccións.

+info

18/12/2025

ADEGA lanza unha campaña de doazóns para frear o parque eólico As Louseiras na Pastoriza e Meira

O proxecto contempla a instalación de 3 aeroxeradores de ata 200 metros de altura nunha contorna ambientalmente sensible.

+info

17/12/2025

ADEGA publica a Revista Cerna 94, co foco nos incendios, os impactos da moda ou os retos na conservación do lobo

A Revista Cerna é a principal e máis senlleira publicación sobre ecoloxía e medio ambiente en Galiza.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal