25/03/2015
Este 24 de marzo tivo lugar curso de formación de compostaxe do programa 2015 de Compostela. Comezou ás 19h coa presentación da concelleira de desenvolvemento urbano sostible Teresa Gutiérrez e a educadora ambiental de ADEGA María R. Lafuente
24/03/2015
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ditar sentenza que condena a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a actuar contra varias agresións denunciadas por ADEGA e que afectaron ao tramo alto do río Rato.
23/03/2015
Dende a aprobación da Lei de Montes en 2012 pola maioría do PP, as denuncias por plantacións ilegais e cambios de usos aumentaron nun 274%. Era visto: a lei favorece os monocultivos, nomeadamente do eucalipto e permite as cortas a feito.
19/03/2015
En xuño de 2013 o TSXG fallaba a favor de ADEGA e anulaba o plano co que a Xunta ía legalizar as desfeitas urbanísticas de Barreiros con 14 millóns de € públicos. Agora o DOG publica a sentenza, para escarnio dos infratores, que seguen na política...
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vénnos de comunicar oficiosamente que dará autorización para desenvolver o Proxecto Arqueolóxico para o Estudo e Protección do forno romano de Esteiro solicitada por ADEGA, Mariñapatrimonio e outros colectivos
17/03/2015
ADEGA vén de denunciar outra plantación de pirófitas (piñeiros) en Rede Natura, desta volta no Canón do Sil. Dase a circunstancia que este cambio de usos afecta tamén ao territorio de campeo da aguia real, a pouca distancia dunha área de aniñamento
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal