Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
02/02/2022
O Ministerio amplía os prazos dos trámites para a autorización de parques eólicos, outorgando ás empresas 9 meses máis para facerse cos permisos. Mentras, cidadanía e concellos vemos como os prazos de consulta son cada vez máis reducidos...
27/01/2022
SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuran o comportamento da Conselleira e solicitan a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel para debater a problemática eólica
25/01/2022
A canteira "Costal Vello" leva operando décadas sen delimitación, plano de restauración e estudo de impacto. Agora, para poder ampliar e entrar no negocio do formigón, toca poñer ao día esas "omisións". Como puido operar case 40 anos sen papeis?
20/01/2022
ADEGA e as demais entidades promotoras do Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica veñen de presentar no TSXG tres recursos contencioso-administrativos contra outros tantos proxectos eólicos de Greenalia recén aprobados pola Xunta.
14/01/2022
A nova planificación da bacía Miño-Sil, dependente do Ministerio, unha das máis sobre-explotadas de Europa, permite aumentar a presión hidroeléctrica. Entre outras medidas, ADEGA pide que se veten por lei novos encoros nestes ríos.
04/01/2022
O 2021 foi o ano da oficialización do espolio do territorio galego a prol dun fraudulento interese xeral e dunha falsa transición “ecolóxica” non participada pola sociedade, baseada no sacrificio do medio e deseñada á vontade dos grandes lobby
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal