Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
22/05/2020
A ONU celebra o Día Mundial da Biodiversidade baixo o lema “As nosas solucións están na Natureza”. Nesta data, ADEGA insta ao impulso de novas actitudes, hábitos e políticas que persigan realmente unha “nova normalidade” de fomento da biodiversidade.
19/05/2020
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de pedir á Xunta que retire de toda circulación pública, nomeadamente, do visor de aproveitamentos forestais a información supostamente "actualizada" da delimitación dos xacementos galegos, por estar chea de erros.
18/05/2020
Entidades ecoloxistas e conservacionistas piden retomar as actividades en contacto coa natureza logo do recomendable período de confinamento pola COVID-19 e lamentan que a Xunta estea a propiciar un trato diferenciado á caza e á pesca.
14/05/2020
ADEGA analiza o impacto do estado de alarma sobre a redución da contaminación das principais cidades galegas con respecto a valores de 2019 e nas diferentes etapas do confinamento. Agás Ferrol, todas as grandes cidades galegas presentan mellora.
09/05/2020
A morte nos Perineos do oso Cachou desencadeou toda unha serie de manifestacións por parte dalgúns políticos e colectivos sobre as cales as asociacións de conservación da natureza do ámbito cantábrico que habería que estudar con maior detemento.
07/05/2020
ADEGA, Ríos con Vida e a Federación Galega de Pesca vimos de presentar escrito ante a Delegación do Goberno en Galicia para que estude e confirme a legalidade e competencia da apertura xeneralizada da pesca fluvial en Galicia acordada pola Xunta.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal