Os Planos Hidrolóxicos de Galiza-Costa e Miño-Sil incorporarán logo de 15 anos 1.131 humidais como zonas protexidas. É unha demanda histórica do ecoloxismo que compensa o feito de que só tiñamos 6 humidais protexidos en todo o país
22/04/2022
En ADEGA levamos máis de 20 anos traballando a prol da compostaxe e da xestión sustentable dos residuos. Por iso organizamos un curso de compostaxe denominado “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” que terá lugar no concello de Ames.
21/04/2022
O vindeiro venres 22 de abril comezan as xornadas que ADEGA, en colaboración coa USC e a UNED de Lugo organiza nos campus universitarios.
20/04/2022
Esta semana, cúmprense 15 anos da aprobación do Decreto 88/2007, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Porén, os seus obxectivos aínda están lonxe de acadar pola inacción administrativa da Xunta.
19/04/2022
ADEGA con apoio do Foro do Camiño Primitivo, recorrerá ante o TS a sentencia do TSXG en relación á esquina de San Roque e o Carril das Flores en Lugo.
18/04/2022
ADEGA-Ferrolterra e o concello de Narón veñen de denuncia diante Consellaría de Medio Ambiente a expansión descontrolada que está a sufrir unha especie exótica invasora na Costa Ártabra, a Helicrisum petiolare, e reclaman unha intervención urxente.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal