Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
05/03/2020
Nestes días están a aparecer gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. Están enchoupadas dunha substancia oleosa, moi probabelmente procedente dun "sentinazo". Pedimos a colaboración da cidadanía para localizar e tratar estas aves
01/03/2020
ADEGA avaliou o traballo da asociación ecoloxista en 2019 e estableceu as liñas de acción prioritarias para 2020 na súa 44ª Asemblea Xeral celebrada esta fin de semana en Carballo.
27/02/2020
Este sábado, 29 de febreiro, a asociación ADEGA celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria Anual na que congrega aos seus asociados e asociadas para dar conta da súa actividade durante o ano 2019. O domingo, completará o programa cunha visita por Baldaio.
17/02/2020
ADEGA falla os premios que galardoan as mellores e peores actuacións no medio ambiente galego durante 2019. Tamén outorga o premio Osíxeno de Honra, que este ano recae na bióloga, docente e política, Elvira Cienfuegos López.
12/02/2020
A fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato como directiva da enerxética Greenalia exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política. Non son portas xiratorias, son verdadeiros arcos do trunfo...
07/02/2020
ADEGA súmase ao manifesto asinado por máis dun cento de colectivos ecoloxistas e animalistas de ámbito estatal e autonómico contra o campionato de caza do raposo que se pretende desenvolver este sábado, día 8 de febreiro, en 4 concellos lucenses.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal