Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
12/03/2015
27 e 28 de marzo. Santiago de Compostela. Co obxectivos de aprender e debatir sobre as boas prácticas de traballo en rede e desenvolvemento social e institucional da Custodia do Territorio que se están a levar por diferentes redes e entidades
ADEGA vén de apresentar alegacións ao Plano Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eume que a Xunta está a elaborar con 19 anos de retraso. É o parto dos montes: tanto tempo agardando por un PRUX que nace morto, sen medidas concretas e sen orzamentos
Este 5 de marzo iniciaremos dous proxectos de compostaxe (caseira e comunitaria) en Monforte. ADEGA anima á veciñanza a facer parte desta experiencia e demostrar que cando se confía na cidadanía, esta colabora na resolución dos problemas ambientais
03/03/2015
O Valedor vén de facer pública a súa resolución logo de que máis de 11.000 persoas e colectivos denunciaramos os impactos da liña eléctrica que Fenosa pretende facer pasar polas fragas de Casas Vellas e Catasós. Xunta e Fenosa fican ben retratadas.
02/03/2015
A recente sentenza do Supremo que reafirma a ilegalidade do permiso que Fraga e Feijóo deron a Touriñán, únese á que en 2012 fallou o TSXG sobre a piscifatoría de Rinlo. Dúas actuacións ilegais que custaron ao erario público 1.780.000€
27/02/2015
O chamado ´Trail de Couso´reunirá este vindeiro 1 de marzo en Ribeira a máis de 200 persoas nun percurso pola costa do complexo húmido de Corrubedo sobre dunas fixas e poboacións botánicas moi raras e ameazadas