Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
01/04/2019
Este 31 de marzo celebramos en Bueu a nosa 43 Asemblea Xeral. Anovouse a directiva nacional para os vindeiros 2 anos, aprobamos varias propostas de resolución e entregamos os Premios Osíxeno 2018.
29/03/2019
Coincidindo coa 43 Asemblea anual o vindeiro 31 de marzo entregaremos os premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental
26/03/2019
A deseucaliptización simultánea de Galiza, convocada por Cousa de Raíces, conseguiu eliminar máis de 205.000 eucaliptos e acacias do monte galego. Nas 4 actuacións de ADEGA conseguíronse eliminar máis de 5.000 rebrotes e plantas invasoras.
21/03/2019
Este 22 de marzo celébrase o día Mundial da Auga que trata de facer unha chamada de atención sobre este elemento esencial para a vida das persoas e dos ecosistemas do planeta
20/03/2019
ADEGA participará na deseucaliptización simultánea promovida pola rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, coa realización de 4 accións de eliminación de eucaliptos, acacias e outras especies invasoras en diferentes puntos do país.
15/03/2019
ADEGA e a PDRA veñen de presentar ante a Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG ampla documentación que acredita o prexuízo que a explotación está a causar en ríos, mananciais e augas subterráneas das proximidades da mina.