Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

30/07/2026   [10:00:00]   [12.11 MB]

Boletín informativo ambiental 31/07/26

Galiza entra un ano máis na época de máximo risco de incendios forestais cos deberes sen facer. A Xunta volve adiar a declaración das zonas vulnerables á contaminación por nitratos e acumula xa 26 anos de demora no cumprimento da normativa europea. A campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento", impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan urbanístico previsto nas nacentes do río Rato, reúne os primeiros 6.000 euros en menos dun mes. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

16/07/2026   [10:00:00]   [12.11 MB]

Boletín informativo ambiental 17/07/26

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza volve dar a razón a ADEGA e ordena paralizar cautelarmente o parque eólico Pena do Pico, promovido por Greenalia nos Ancares lucenses. ADEGA advirte de que Lugo podería perder unha oportunidade histórica para completar un gran cinto verde arredor da cidade ante a ampliación prevista do polígono do Ceao sobre as nacentes do río Rato. O proxecto de Altri en Palas de Rei queda arquivado de forma definitiva pola Xunta. Tamén en Palas, a macrogranxa porcina proxectada en Vilareda incumpre a normativa ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

09/07/2026   [10:00:00]   [12.36 MB]

Boletín informativo ambiental 19/06/26

Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable para o parque eólico Navallos, promovido nos concellos de Castroverde e Baralla. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resta importancia ás advertencias do Icomos sobre os impactos da mina de Touro no Camiño de Santiago. Milleiros de persoas mobilizáronse este domingo na Illa de Arousa para reclamar á Xunta a paralización definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. Toda isto e máis, en Radio Cerna!

06/07/2026   [10:00:00]   [3.53 MB]

Boletín informativo ambiental 26/06/26

Adiántase a tempada de incendios: no que vai de ano arderon oficialmente arredor de 1.700 hectáreas. En Ourense, as consecuencias dos grandes lumes do verán pasado están a facerse visibles agora coas fortes tormentas e riadas rexistradas nas últimas semanas. En materia eólica, ADEGA e a CIG ampliaron a denuncia presentada ante a Fiscalía por un presunto delito de prevaricación relacionado cos cambios ordenados no TSXG. A noite de San Xoán deixa unha imaxe máis limpa ca anos anteriores nas praias galegas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

18/06/2026   [10:00:00]   [12.34 MB]

Boletín informativo ambiental 10/07/26

A Plataforma por un Monte Galego con Futuro presenta un manifesto no que reclama un cambio radical nas políticas de prevención e loita contra os incendios forestais. ADEGA-Lugo lanza a campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento" fronte ao proxecto de urbanización das nacentes do río urbano máis emblemático de Lugo. O proxecto de ALTRI incumpre os seis obxectivos ambientais que establece o Regulamento europeo sobre investimentos sustentables. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

11/06/2026   [10:00:00]   [11.91 MB]

Boletín informativo ambiental 12/06/26

Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco recibe un importante revés. O Icomos pide anular os permisos da Xunta para a mina de Touro porque ameaza o Camiño de Santiago. Visto e prace do Estado á empresa que construirá a central reversible en Meirama. Isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal