Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

10/10/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

I Encontro galego de Transición e Decrecemento

A Red estatal en Transición chegará a Galiza a finais deste mes co I Encontro en Transición e Decrecemento que se celebrará en Galiza. O obxectivo principal deste foro será reunir e poñer en contacto todas as iniciativas e proxectos galegos que estean en sintonía co movemento en Transición, aquel que ofrece resiliencia fronte ao colapso social, ambiental e económico ao que nos leva o crecemento continuo da produción. A Asociación Véspera de Nada será unha das organizadoras deste evento que terá lugar entre o 29 e 31 de outubro, en Betanzos (A Coruña).

07/10/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Boletín informativo ambiental 07/10/16

Coñece as novas ambientais máis relevantes da semana aquí no teu país!

05/10/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

O carballo e o cerquiño resistirán ao cambio climático

A nosa árbore máis emblemática, o carballo, está de noraboa. Segundo unha tese da Escola Politécnica de Lugo, da USC, tanto o carballo común como o cerquiño ou rebolo teñen mecanismos que lles permitien resistir ante circunstancias adversas relacionadas coa mudanza climática. O autor da investigación, Gonzalo Pérez Lis, descúbrenos cales son eses mecanismos.

03/10/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

O Tempo da aldea: proxecto de recuperación da aldea de Rebordechán

Poder aproveitar os recursos propios da aldea á que se lle quere devolver a vida á fundamental. Baixo esta premisa nace o proxecto de recuperación da aldea de Rebordechán (Crecente) por iniciativa da cooperativa "O Tempo da Aldea". O proxecto está rematado no papel, agora fai falla o impulso financeiro para poñelo a andar. Coñecémolo neste espazo de Radio Cerna!

30/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 30/09/16

Neste espazo de radio atoparás un repaso das novas ambientais de Galiza máis destacadas nesta semana.

28/09/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

IX Limpeza simultánea dos ríos galegos

Este domingo, 2 de outubro, centos de voluntarios e voluntarias acudirán aos ríos galegos para limpalos de residuos. A actividade "Móllate polos ríos" do proxecto de voluntariado ambiental Proxecto Ríos convoca a toda a cidadanía galega a retirar de forma simultánea o lixo das marxes e cursos fluviais. Nesta edición da limpeza simultánea de Proxecto Ríos participarán 42 concellos e 54 entidades de toda Galiza.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal