11/07/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
"Colle3" é unha iniciativa impulsada polo Clube Augasantas Kitesurf de Barreiros que apela á conciencia e responsabilidade individual das persoas que acuden e habitan no litoral contra o lixo. Esta idea xunto coa dos "venres sen plástico" son pequenas accións que conseguen grandes resultados. E ímolo comprobar co presidente do Club Augasantas, Óscar García.
08/07/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
En 10 minutos repasamos a actualidade medioambiental galega. Escóitanos!
06/07/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a USC presentan a primeira foto-guía dos combustibles forestais de Galiza. A partir do traballo do investigador Stefano Arellano determínanse 4 grupos de combustibles forestais e defínense as diferentes variables e combinacións de variables que inciden na proliferación e virulencia dos lumes forestais nos montes galegos. Se queres saber como funciona este manual, e que situacións son as máis propensas ao lume, escoita este espazo.
04/07/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF) nace en 2009 para promover unha nova idea de restauración fluial máis achegada á conservación dos recursos naturais fronte criterios economicistas desta práctica. O concepto de "Restauración fluvial" foi ademais deturpado nas últimas dúas décadas coa promoción de obras públicas no seu nome que nada tiñan a ver con tal obxectivo e que, mesmo, degradaron máis as bacías fluviais.
01/07/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
Convidámoste a coñecer a actualidade ambiental de Galiza a través deste espazo de Radio Cerna!
29/06/2016 [00:10:00] [5.72 MB]
A través do proxecto Hippoparques estanse a estudar as poboacións de cabaliño de mar no parque nacional das Illas Atlánticas. Este proxecto trata de determinar o estado de conservación desta especie nos fondos mariños do espazo protexido e semella que alí atopan un hábitat particularmente propicio. O coordinador do proxecto dá conta dos seus resultados neste espazo e cales son as súas condicións de vida.