Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

30/01/2025   [10:00:00]   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 31/01/25

O actual proxecto mineiro de Touro, un risco para o ambiente e para a saúde aínda maior que o que implicaba o de 2017. Tamén en materia mineira, ADEGA denuncia á Xunta e ao Concello de Foz polas irregularidades na tramitación dunha canteira de caolín. O goberno galego comeza a tramitación dun novo plan eólico, sen que organizacións ecoloxistas e asociacións veciñais poidan participar nos órganos de decisión. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

24/01/2025   [10:00:00]   [7.14 MB]

Boletín informativo ambiental 24/01/25

Noruega denega o permiso ambiental a unha celulosa coma a de Altri. Este domingo 26 de xaneiro, hai unha nova cita nas rúas coa defensa do medio ambiente e contra a invasión eólica. Tamén en materia eólica, ADEGA lanza unha campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! para frear nos tribunais o proxecto eólico Patiñeiro, en Vimianzo. Desplome do marisco na ría de arousa, unha das principais zonas de cría do mundo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

16/01/2025   [10:00:00]   [7.16 MB]

Boletín informativo ambiental 17/01/25

Nova cita nas rúas galegas: o próximo domingo, 26 de xaneiro, a Coordinadora Eólica Así Non fai un chamado ao pobo galego a mobilizarse en diferentes puntos da xeografía galega contra a invasión eólica. Alerta no agro galego polas plantas de biometano que  están a promover as empresas enerxéticas. A Xunta apraza a súa decisión sobre o proxecto de macrocelulosa de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

19/12/2024   []   [7.12 MB]

Boletín informativo ambiental 20/12/24

O pobo galego protagonizou unha xornada de reivindicación histórica o pasado domingo en defensa da terra e contra a macrocelulosa de Altri. As reaccións políticas non se fixeron agardar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di manterse firme e coas cousas claras e a oponición ínstao a escoitar a cidadanía. Nesta mesma semana, a coordinadora Eólica Así Non concentrouse diante do Parlamento de Galiza para denunciar o constante acoso do Partido Popular sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. ADEGA e o Concello de Santiago achegan a xestión sostible dos residuos e a compostaxe aos centros de ensino. Isto e máis, en Radio Cerna!

13/12/2024   [10:00:00]   [7.07 MB]

Boletín informativo ambiental 13/12/24

Facultades e departamentos de tres universidades e do CSIC ratifican o seu rexeitamento a Altri a unha semana da gran mobilización contra a macrocelulosa prevista para o próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela. Na mesma liña científica, vén de ver a luz o primeiro libro que aborda de forma exhaustiva os impactos sobre terra, mar e aire de Altri, da man de ADEGA e do biólogo Ramón Varela. Desde a ría tamén lanzan o seu NON ao proxecto, que suporía a estocada final a unha xa moi minguada produción na ría de Arousa. Ademais, a Coordinadora Eólica Así Non convoca unha concentración no Parlamento o próximo martes 17 para denunciar o constante acoso do PP sobre a veciñanza ameazada pola invasión eólica. Isto e máis, en Radio Cerna!

11/12/2024   []   [42.00 MB]

Rolda de prensa | Presentación do libro Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI

A organización ecoloxista ADEGA lanza o Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI, un libro da autoría do doutor en Bioloxía e ex-presidente de ADEGA Ramón Varela Díaz que debulla os impactos da macrocelulosa proxectada por Altri-Greenalia en Palas de Rei. A publicación foi presentada este mércores en rolda de prensa na Libraría Couceiro en Compostela por parte do propio autor, acompañado do secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal