27/06/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Neste espazo falamos coa Directora Xeral de Conservación da Natureza, da Xunta, Ana María Díaz, para coñecer en que consiste esta recente Rede de parques naturais de Galicia e que implicacións terá para a futura xestión destes espazos naturais protexido que hoxe en día son seis.
22/06/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Reganosa vén de solicitar de novo as autorizacións que o Tribunal Supremo lle anulou por consideralas ilegais. Agora pretende legalizar a planta de gas da ría de Ferrol cunha tramitación urxente e simplificada polo Consello de Ministros do goberno en funcións, que exime á regasificadora de pasar a tramitación ambiental, pese a estar situada nun espazo de Rede Natura 2000. Neste espazo, abordamos a complexa situación xurídica na que se atopa actualmente Reganosa, coa avogada do Comité Cidadán de Emerxencia, Patricia Gabeiras.
20/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Ecoloxistas en Acción publica o Informe 2015 sobre a calidade do aire do Estado español. Nesta publicación analiza a evolución da presenza de contaminantes tóxicos no aire por comunidades e substancias contaminantes. Galiza non se escapa a unha diagnose negativa do último ano no que empeorou a calidade do aire que respiramos.
17/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Se queres saber que deparou esta semana a actualidade ambiental galega, escóitanos!
15/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O programa de Educación Ambiental "Fogares Verdes" cumpre 10 anos en todo o Estado. Por ese motivo, hai pouco tivo lugar no CENEAM (Valsaín, Segovia) un Encontro internacional entre entidades de todo o mundo que desenvolveron iniciativas relacionadas con Fogares Verdes para intercambiar as súas experiencias. Por Galiza foi a organización ecoloxista ADEGA.
13/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Cal foi o rédito do desenvolvemento eólico para o rural galego nos últimos 20 anos? Segudndo unha tese realizada por Damián Copena, membro do grupo de investigación sobre economía ecolóxica da Universidade de Vigo, non foi o agardado. As rendas que percibiron os propietarios/as dos terreos eólicos foron baixas e o rural non acadou un impacto positivo ou cando menos proporcional ao crecemento do sector no país. Ante o horizonte da instalación de 4.300 MW máis nos nosos montes, as conclusións desta investigación parecen pedir un novo marco regulador do sector en Galiza.