10/06/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Nese espazo de Radio Cerna atoparás as novas ambientais de Galiza máis relevantes dos últimos días.
08/06/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil culpa ao concello de Lugo das obras ilegais do río Miño e proponlle ao Ministerio de Medio Ambiente que resolva multalo con 180.000 euros e obrigalo a derrubar o dique na vindeira época de estiaxe. A resolución definitiva terá que ser dada polo Ministerio. Mentres, ADEGA e a plataforma "Lugo de cara ao Miño" manifestan a súa satisfacción parcial e o concello de Lugo culpa á burocracia do impacto ambiental que estas obras están a exercer no río.
06/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
A industria do eucalipto está a alterar, non só a biodiversidade, a paisaxe e a calidade do solo galego, tamén está a poñer en perigo o noso patrimonio histórico-cultural e arqueolóxico. ADEGA e Mariñapatrimonio chaman a atención sobre a ameaza que supoñen os labores forestais relacionados co eucalipto na Mariña lucense para os bens arqueolóxicos da comarca. Só nos últimos meses veñen de denunciar ata 40 casos de castros, mámoas, abrigos paleolíticos e outros xacementos que foron destruídos ou danados pola maquinaria pesada do sector forestal. E ligan esta ameaza cunha nova vaga eucaliptizadora, que está á súa vez vinculada coa prórroga de ENCE e a súa estratexia produtiva de futuro.
03/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece a actualidade ambiental de Galiza acontecidas na Semana mundial do Medio Ambiente. Non teñen desperdicio!
01/06/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O vindeiro luns acudirán a declarar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza varios ex-altos cargos da Consellaría de Medio Ambiente, incluído o ex-director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, polo dragado da ría de Ferrol. A Fiscalía acúsaos de presunto delicto contra o medio ambiente, prevaricación e falsidade documental. Se queres coñecer os motivos, escoita este espazo.
30/05/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Estes vermes "arados e enxeñeiros da terra" xa dispoñen do seu primeiro mapa europeo, no que se recompilan os datos e publicacións extraídas dos estudos e investigacións que existen sobre a especie en oito países de Europa. Pese a que Galiza dispón dunhas condicións moi óptimas para o desenvolvemento de poboacións de diferentes variedades de lombrigas, pouco se reflicte da súa situación no mapa europeo. Por iso desde a Universidade de Vigo estase a traballar para elaborar o "mapa galego das miñocas". María Jesús Iglesias, coordinadora do traballo, explícanos as diferentes funcións das miñocas e o seu importante papel para a conservación dos nosos solos e tamén como se pretende artellar esta iniciativa científica.