13/04/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Desde o ano 2004 a Xunta de Galiza impulsou o Plan de tratamento dos plásticos agrícolas. Este programa diríxise a recoller e tratar todos os plásticos de ensilado e horta xerados no territorio galego co fin de darlles unha nova oportunidade e novos usos. Neste espazo de Radio Cerna falamos cun representante dunha das empresas xestoras autorizadas para a xestión deste tipo de residuos para coñecer que proceso seguen para a súa recuperación e que evolución sufriu desde 2004 a súa recollida e tratamento.
11/04/2016 [00:10:00] [5.76 MB]
A bolboreta Charaxes jasius é propia de climas mediterráneos e do norte de África, sen embargo, tamén se atopa no Baixo Miño. O achádego desta especie de bolboreta no sur de Galiza no ano 2005 e os riscos que tiña de desaparecer na comarca promoveu o proxecto "Un bosque para unha bolboreta" polo colectivo ANABAM. Grazas a este proxecto, que está a piques de cumprir dez anos, hoxe a Charaxes jasius xa é unha bolboreta común no Baixo Miño.
08/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasa con nós a actualidade ambiental desta semana en Galiza, que deixa importantes resolucións xudiciais... Escóitanos!
06/04/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
O concello de Allariz pon a andar a partires desta semana o "Proxecto RE" de compostaxe. Este proxecto prevé a creación de 22 áreas ou illas de compostaxe para o núcleo urbano do municipio, o reparto de composteiros individuais para a zona rural e o tratamento específico da materia orgánica producida pola hostalaría do concello no polígono industrial. O reto que persegue así o concello de Allariz é poder recuperar en 3 anos o 80% do lixo que produce.
04/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O Instituto de Estudos da Paisaxe Galega, dependente da Xunta, está a definir as distintas paisaxes de Galiza a través dun proceso de participación no que pretende implicar a maior parte da poboación galega. O Catálogo galego das paisaxe, que contempla 258 tipos diferentes de paisaxe, exponse así a debate. A intención é definir que cualidades paisaxísticas que se queren protexer para o futuro.
01/04/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece a actualidade ambiental desta semana en Galiza, aquí en Radio Cerna. Escóitanos!