09/03/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
No Día Mundial da Muller, varios colectivos ecoloxistas, como ADEGA e Amigos de la Tierra, resaltaron a figura de Bertha Cáceres, activista hondureña asasinada recentemente por defender a súa etnica indíxena, os lencas, e as terras das que viven dos intereses das grandes multinacionais. Esta é unha homenaxe a Bertha Cáceres e a todas aquelas mulleres que, pese as dificultades, loitas pola Natureza e polos dereitos dos máis débiles.
07/03/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O Prestige foi tamén unha loita de discursos, axendas e mensaxes. A xornalista Teresa Barberena analiza a través da súa tese doutoral as distancias existentes entre o discurso sobre a catástrofe dos medios de comunicación tradicionais e, por outro lado, as mensaxes do movemento social e colectivo Nunca Máis, constituído en referente de protesta. A investigadora explica para Radio Cerna as conclusións do seu estudo. Cal foi o discurso vencedor?
04/03/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Radio Cerna ofréceche a actualidade ambiental galega resumida en 10 minutos. Escóitaa!
02/03/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O Norte de Italia é unha das áreas da UE que na última década máis impulso colleu para a reconversión do seu antigo sistema de xestión de residuos cara a compostaxe. Actualmente acolle mais de 200 plantas de compostaxe. Quixemos coñecer como se produciu esta evolución da man de Riccardo Morganti, especialista na recollida selectiva da materia orgánica e traballador da consultora ambiental italiana Ladurner, quen tamén impartiu unha palestra no curso de mestres composteiros da Deputación de Pontevedra.
29/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
A Deputación provincial de Pontevedra instalará en marzo e abril os primeiros composteiros domiciliarios e as primeiras áreas de compostaxe comunitaria na provincia. Tamén está a desenvolver o curso de Mestres composteiros, que serán os técnicos titulados encargados de manexar estas áreas de compostaxe. Nos vindeiros anos, a idea é crear entre 6 e 10 plantas comarcais de compostaxe que atendan todas as necesidades de xestión do lixo orgánico provincial. Estas accións están enmarcadas dentro do "Plan Compost Revistaliza" co que a Deputación pretende acadar a recuperación do 70% da materia orgánica producida na provincia para a súa utilización como compost ou abono orgánico.
26/02/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Repasa con nós a actualidade ambiental da última semana no noso país.