24/02/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
A oposición do sector do Mar á nova lei de acuicultura vai máis alá do descontento por un desafortunado texto lexislativo, que agora semella que vén de ser retirado, aínda que aínda non existe resolución oficial e por escrito.
Os mariñeiros, armadores, bateeiros, mariscadores e mariscadoras temen que esta lei sexa a súa sentenza de morte, a súa condena a unha desaparición silenciosa. Trátase dunha auténtica batalla polo territorio mariño, polos produtos do mar, polos espazos naturais e polo mercado entre a pesca tradicional e a acuicultura intensiva e industrial. Luis Rodíguez, presidente dos armadores de artes menores en Galiza, e Alberto Muñoz, letrados das confrarías das Rías Baixas, explican neste espazo polo miúdo a que se está a enfrontar realmente o sector.
22/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Os argumentos de oposición á nova lei de acuicultura promovida polo goberno da Xunta son extensos e variados, comezando polos ambientais. Na marcha reivindicativa do vindeiro sábado en Santiago de Compostela participarán tamén movementos ecoloxistas como ADEGA ou a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa que explican neste programa Cerna cales son as razóns ambientais da oposición a esta nova normativa, repudiada tamén pola practica totalidade do sector do mar galego.
19/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Preme para escoitar cales foron as novas ambientais máis destacadas dos últimos días en Galiza!
17/02/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
O concello de Lugo recupera un proxecto de promoción de bicicletas elaborado polo enxeñeiro Jesús Martínez Piñeira e presentado hai un ano no consistorio, para desenvolver na cidade nos vindeiros anos. O proxecto prevé a creación de 65 quilómetros de itinerarios para ciclistas que conecten a perifería co centro da cidade. Neste espazo de Radio Cerna coñecemos o proxecto da man do seu autor.
15/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha tese doutoral realizada na Universidade de Oviedo e na Universidade de Santiago de Compostela analiza os tipos de servizos ecosistémicos que ofrecen os ecosistemas forestais do norte da Península Ibérica e como están distribuídos no territorio. Tamén aborda as diferenzas sobre os servizos achegados por unha plantación forestal e por un bosque natural. Neste espazo coñecemos os resultados da investigacióin co seu autor, o asturiano José Valentín Roces.
12/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega! Preme e escóitanos.