10/02/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
O 52% dos eucaliptais de todo o Estado están en Galiza, onde ocupa medio millón de hectáreas. A expansión do monocultivo do eucalipto é cada vez máis preocupante polos seus impactos negativos no conxunto do medio natural, pero tamén no eido social, cultural e económico. Por iso máis de 20 colectivos ecoloxistas galegos lanzan a campaña "Stop eucalipto, avante carballo", a través da que propoñen á Administración galega que adopte 5 medidas urxentes para frear a expansión descontrolada desta especie exótica e invasora.
08/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
En xeral, os ríos galegos analizados no programa de voluntariado ambiental Proxecto Ríos presentan un bo estado e ningún rexistra un mal estado de saúde. Sen embargo, aumentan os ríos coas marxes en mal estado de conservación. Se queres coñecer máis detalles do Informe anual de Proxecto Ríos, preme e escóitanos!
05/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste boletín informativo semanal contámosche as novas máis destacadas no eido ambiental galego dos últimos días.
03/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
No espazo de hoxe entrevistamos a tenente alcalde do Concello de Pontevedra pola prórroga que o Ministerio de Medio Ambiente vén de outorgar á pasteira de ENCE para a súa permanencia na ría por outros 60 anos. Carme da Silva insta ao Congreso a tomar medidas.
01/02/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O anuncio da prórroga de ENCE caeu como unha xarra de auga fría entre os colectivos, entidades e institucións contrarias á súa permanencia na ría máis alá de 2018 e que conforman o movemento "Ence fóra da ría para sempre". Aínda así consideran que aínda se pode facer algo para frear o que cualifican a "sentenza de morte" da ría pontevedresa. Falamos coas asociacións ADEGA, APDR e Salvemos Pontevedra.
29/01/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita este espazo de Radio Cerna para coñecer as novas ambientais máis destacadas desta última semana: prórroga de Ence, lei acuicultura, nova sentenza do Prestige...