Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

27/01/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Investigación inédita sobre o comportamento xeomorfolóxico dos ríos galegos

Xesús Horacio García, un xeógrafo lucense, vén de gañar o I Premio Manuel de Terán pola súa tese sobre a xeomorfoloxía dos ríos galegos. É a primeira tese que se realiza sobre xeomorfoloxía fluvial en Galiza. A erosión, arrastre, sedimentos ou transporte dos ríos galegos analizados permiten predicir o comportamento dos ríos ante posibles actuacións ou intervencións humanas, por iso, o investigador galardoado insta a que a xeomorfoloxía sexa un parámetro ineludible na planificación fluvial. Os encoros, segundo o investigador, son o factor artificial que máis incide no bo estado xeomorfolóxico dos ríos.

25/01/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Datos sobre a superficie forestal galega: Proxecto Landra

O Proxecto Landra intenta promover iniciativas que busquen o equilibrio entre a industria e o patrimonio forestal galego. O primeiro paso foi recompilar os datos sobre o inventario da superficie con especies autóctonas e exóticas, e os datos son alarmantes. O segundo é poñer a andar un laboratorio vivinte no que se experimenten xeitos de produción sostibles e tamén rendibles. Escoitamos ao seu promotor.

22/01/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 22/01/16

Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!

20/01/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

A nova reserva ornitolóxica de SEO no Grove

É a reserva ornitolóxica de SEO/Birdlife máis grande de todo o Estado e a primeira que abarca medio mariño. Tamén é a primeira destas características en Galiza. Trátase dun proxecto de custodia ambiental que se desenvolverá nos vindeiros anos nunha zona de especiais valores ambientais a través de actividades didácticas, de investigación ou de turismo sostible, entre outras. O representante de SEO en Pontevedra explícanos en que consiste a primeira reserva ornitolóxica custodiada de Galiza.

18/01/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Premios Osíxeno e Dioxina 2015

ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina de 2015, destinados a signifcar as mellores e as peores actuacións ambientais do pasado ano, nas categorías individual e colectiva. Nesta 15ª edición dos galardóns ambientais tamén escolle o Premio Osíxeno de Honra.

15/01/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 15/01/16

No programa de hoxe repasamos a actualidade ambiental da semana de Galiza e facemos repaso tamén do ano 2015 desde a perspectiva do colectivo ecoloxista ADEGA.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal