23/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha tese do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Ponda (UDC) asinada pola paleontóloga Ana García Vázquez conclúe que os osos pardos modernos que habitan no noroeste ibérico non proceden dos osos prehistóricos que vivían nese mesmo territorio, que inclúe as montañas orientais de Lugo. Isto implica que os osos pardos xa se extinguiron varias veces no noso territorio ao longo da Historia e que hoxe en día os osos pardos que visitan as nosas terras proceden de Portugal ou mesmo de Francia. Escóitanos para coñecer os detalles deste estudo.
21/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Era previsible e ao final resultou decepcionante. Os grupos ecoloxistas galegos manifestan a súa crítica aos resultados do Cumio do Clima do París por inconcretos, pouco ambiciosos e fóra de toda realidade. O acordo dos 195 países que partiparon neste encontro mundial non será vinculante para a redución de gases contaminantes, nin para o investimento económico, nin para o cambio do modelo enerxético. Amigos da Terra, ADEGA e a FEG desmenten aqueles que consideran que o acordo climático de París foi un paso importante na loita contra o quecemento global e chaman á mobilización urxente da sociedade.
18/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece con Radio CERNA a actualidade ambiental de Galiza nos últimos días. Radio Cerna ponte ao día!
16/12/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
"Fíos fóra" é o primeiro documental sobre o téxtil galego que mostra a realidade oculta do sector a través da propia vos das traballadoras galegas. O documental presentarase mañá en Lugo, no Salón de Actos da Deputación, a través de ADEGA e Bico de Grao. O proxecto audiovisual foi desenvolto por Amarante-Setem e Illa Bufarda. Entrevistamos a Andrea Ledo de Amarante-Setem e escoitamos algúns dos fragmentos deste documental.
14/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Constitúese na cidade de Lugo unha nova plataforma para defender o río Miño das constantes agresións que sofre. "Lugo, de cara ao Miño" está conformada por uns 15 colectivos pero pretende acoller a todas as vontades individuais ou colectivas que queiran loitar polo coidado e preservación do emblemático río galego. A plataforma reclama que se anule o proxecto de ampliación de caudal para a explotación da antiga fábrica da luz da cidade, polo que hai un mes se iniciaron as obras de construción dun dique que obstaculiza o treito fluvial do Miño ao seu paso por Lugo con máis valores naturais e protexido como Rede Natura e zona núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
11/12/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Queres coñecer a actualidade ambiental galega desta semana? Escoita este espazo de Radio Cerna!