09/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Reinícianse as mobilizacións do sector gandeiro en Galiza. Os acordos asinados son insuficientes e non se están a cumprir. O problema de fondo tampouco se está a solucionar. Falamos con gandeiros, asociacións de produtores do leite e sindicatos para coñecer os motivos que levaron ao sector lácteo de Galiza a onde está hoxe en día.
07/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A experiencia das últimas décadas dinos que pouco podemos agardar das convencións mundiais sobre cambio climático. Sen embargo, hoxe queremos ser optimistas. Mirar con esperanza os resultados que se obteñan do Cumio climático de París que está en pleno desenvolvemento coa axuda do economista ambiental e experto en cambio climático, Antxon Olabe.
04/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasa con nós a actualidade ambiental da semana!
02/12/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Desde o goberno galego pódense establecer medidas moi concretas para contribuír a mitigar os efectos do Cambio climático. Por iso ADEGA insta a todos os grupos do Parlamento galego a asinar unha declaración na que se comprometan a asumir este tipo de medidas destinadas á reconversión do modelo enerxético cara as enerxías renovables, a xestión sostible do territorio, a compostaxe dos residuos ou a frear o urbanismo no litoral. ADEGA fai estas propostas no contexto da celebración do Cumio do Clima de París, que comezou o pasado luns.
30/11/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Os colectivos ecoloxistas máis importantes do Estado non lle dan nin o aprobado raspado á xestión ambiental de Mariano Rajoy na última lexislatura. Nestes anos as reformas lexislativas rebaixaron a protección e garantías ambientais e permitiron ás grandes empresas intensificar a súa explotación de recursos. A nova lei de costas, a reforma eléctrica, o parón das renovables ou a falla de avances na conservación da biodiversidade son algúns dos motivos polos que Rajoy suspende o exame en materia ambiental. Tamén cualifican á baixa o papel de España na afronta de Europa contra o cambio climático.
25/11/2015 [00:10:00] [5.72 MB]
Este sábado, ADEGA organiza unha xornada de divulgación sobre as especies exóticas invasoras no Museo Domus da Coruña. Neste espazo entrevistamos á concelleira de Medio Ambiente nesta cidade, María García, para coñecer a incidencia desta problemática no eido local e as ferramentas das que poden dispoñer os concellos para freala.