07/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Este venres, ADEGA coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente, dará a coñecer a situación ou estado de conservación da píllara das dunas. Convoca a toda a cidadanía a asistir a unha xornada de divulgación sobre esta ave protexida que terá lugar no Centro de Visitantes do PN das Illas Atlánticas. Expertos e coñecedores da píllara estarán presentes para reflexionar e propoñer actuacións de mellora do0 estado de conservación desta ave emblemática dos areais galegos.
05/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
"Camiño do Sol" é como se chamou á marcha de persoas investidoras en enerxía fotovoltaica que chegou hai poucos días a Santiago para reivindicar un novo modelo enerxético que prime ás enerxías renovables e que non endebede aos seus investidores. Os protagonistas desta mobilización séntense estafados polo Estado que, nun principio animou á sociedade a investir en enerxía fotovoltaica, pero que nos últimos anos aprobou reformas lexislativas que están a converter en insostibles estes proxectos. En Galiza hai 2.500 familias afectadas.
02/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste boletín informativo recollemos as principais novas acontecidas nesta semana no eido ambiental galego. Non o perdas!
30/09/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O biólogo galego Roberto Hermiga publica un libro de curiosidades sobre morcegos que amosa o lado máis divertido e enigmático destes animais nocturnos, ademais de achegarnos á figura do científico Lazzaro Spallanzani. Neste espazo de Cerna falamos desta publicación e tamén abordamos a siutación dos morcegos en Galiza.
28/09/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A ONU declarou 2015 como o Ano da Luz e das tecnoloxías relacionadas coa luz. Por iso a USC vén de realizar un curso sobre contaminación lumínica para formar a expertos na materia que deseñen baixo a óptica da sostibilidade os alumeados públicos. Salvador Bará, coordinador deste curso e profesor de física aplicada na Universidade compostelá, fala hoxe para Radio Cerna sobre a contaminación lumínica en Galiza.
25/09/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita o repaso da actualidade ambiental en Galiza da última semana, aquí en Radio CERNA!