29/04/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Os colectivos ecoloxistas de Galiza fan unha batería de propostas para que os candidatos ás eleccións municipais teñan en conta na súa acción de goberno ou oposición. Son 10 medidas que buscan que os concellos atenda máis do que o están facendo ás cuestións ambientais dos seus municipios. Se queres coñecelas escoita este espazo!
27/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A CIG está a preparar unha Iniacitiva Lexislativa Popular que demande unha tarifa eléctrica especial para Galiza. Como rexión excedentaria en electricidade non está a recibir ningún tipo de compensación e paga os mesmos peaxes que calquera outra comunidade autónoma, pese a que hai zonas do Estado como as Illas, que si resultan beneficiadas polo actual sistema eléctrico. A proposta deuse a coñecer nunha charla sobre o sistema eléctrico español impartida pola CIG en Lugo e organizada pola Área de Cultura da Deputación lucense.
24/04/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita cales foron as novas de actualidade no terreo ambiental máis destacadas desta semana en Galiza!
22/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Os colectivos ecoloxistas galegos conseguen que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admita a denuncia sobre irregularidades na política de residuos da Xunta e de Sogama. O PE admite a trámite a denuncia e anuncia que xa comezará a investigar como se están a tratar os residuos en Galiza. O movemento ecoloxista mantén desde hai décadas que o modelo Sogama incumpre tres directivas europeas, reverte a xerarquía de xestión do lixo en Europa e non cumpre cos mínimos de reciclaxe demandandos pola UE.
20/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Poucas veces nos atopamos co privilexio de dispoñer dunha obra audiovisual sobre as loitas ambientalistas de Galiza. "Tesouro de Corcoesto" busca reter na memoria dos espectadores o que significou a chegada do proxecto mineiro da multinacional canadiana Edgewater a Corcoesto. A oposición a este proxecto e a defensa dos recusos naturais, ambientais e da saúde da zona afectada foi un dos grandes fitos ecoloxistas máis recentes. Grazas á mobilización cidadán, o proxecto quedou paralizado, mais tan só supón a punto do icerberg do plan mineiro do actual goberno para Galiza. Así que, moitos "Corcoestos" poden vir tras deste. "Tesouro de Corcoesto" está en plena xira de difusión coa axuda da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
17/04/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo de Radio Cerna botamos unha ollada a actualidade ambiental máis destacada dos últimos días. Escóitaa!