11/03/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental xunto coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, para este sábado 14 de marzo. Este acto de custodia fluvial permitirá á cidadanía loitar contra unha das plantas invasoras máis perigosas que se atopan no noso territorio: as acacias ou mimosa. Neste programa coñeceremos cales son os seus impactos.
09/03/2015 [00:10:00] [5.75 MB]
O biólogo e membro do CSIC, Alberto Fernández Gil, a través da súa tese sobre o comportamento dos grades carnívoros na Cordilleira Cantábrica, pon de relevancia algunhas consecuencias paradóxicas do modelo de xestión do lobo que se está a seguir en Asturias. Conclúe que o control da poboación de lobos, mesmo pode intensificar os ataques ao gando e que as súas poboacións poden verse fortemente alteradas por causas sociolóxicas alleas á especie.
06/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita cales foron as novas ambientais de Galiza máis destacadas da semana... Non quedes coa dúbida!
04/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Preto de 2 millóns de euros en indemnizacións ten que pagar a Xunta por aprobar proxectos de acuicultura en espazos de Rede Natura. Unha recente sentenza do Tribunal Supremo obriga á Xunta a indemnizar a Pescanova con case 1 millón de euros polos prexuízos xerados ao dar luz verde a un proxecto ilegal en Cabo Touriñán, espazo de Rede Natura. Este é a segunda vez que a Xustiza bota abaixo unha planta de acuicultura nun espazo protexido, logo de que en 2012 tamén deixase sen efecto o proxecto acuícola de Acuinor, en Rinlo (Ribadeo). A asociación ecoloxista ADEGA advirte que pese a estes precedentes, o goberno de Núñez Feijóo segue teimando en permitir este tipo de instalacións en áreas de máxima protección ambiental, algo que apagamos pagando todos.
02/03/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
A participación da sociedade galega na planificación dos terreos forestais non existe ou non funciona. Así de claro o expresa na súa tese doutoral o enxeñeiro de montes Xabier Bruña quen propón unha nova metodoloxía de participacíon na que os sectores sociais teñan máis presenza e decisión sobre o que se vaia facer nos terreos forestais. Pasar dunha planificación vertical, onde a Administración é quen ordea, a unha planificación horizontal, onde funciona de intermediaria, conleva tamén unha serie de vantaxes que coñecemos co autor da tese.
27/02/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita cales foron as novas máis destacadas na actualidade ambiental de Galiza, na última semana, a través deste boletín informativo ambiental que che ofrece Radio CERNA!