12/09/2024 [10:00:00] [7.16 MB]
O Consello da Cultura Galega asegura que a macrocelulosa de Altri xeraría unha grave fractura no territorio. Dous proxectos de centrais de bombeo pretenden instalarse no río Xallas cun brutal impacto paisaxístico e ambiental. A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais. A organización ecoloxista ADEGA consegue o freo cautelar do proxecto eólico Neboada, no Courel e na Ribeira Sacra. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
05/09/2024 [10:00:00] [7.13 MB]
Novos incendios forestais en Crecente e na Baixa Limia. Xa en vigor a primeira lei europea que obriga os Estados a restaurar a natureza e non só protexela. O Goberno do Estado autoriza dous proxectos eólicos nas comarcas do Eume, A Mariña e Ortegal. A Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita canda nós as novas medioambientais máis importantes da semana!
08/08/2024 [10:00:00] [7.12 MB]
Xa son 52 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polos seus posibles danos sobre o medio ambiente. Entre eles, a instancias de ADEGA, o alto tribunal freou o proxecto eólico Xesteirón, Valdepereira e Xeada nos últimos días. No cerne destes logros está a campaña de recadación #TiPodesParalos. Noutra orde de cousas, a Xunta avala as medidas propostas por Altri para paliar o seu impacto paisaxístico. E para rematar, unha boa nova: Ames, modelo europeo de loita contra o lume polas súas accións de prevención de incendios. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
01/08/2024 [10:00:00] [7.11 MB]
O Tribunal Constitucional non admite o recurso do Estado contra a prórroga de Ence en Pontevedra. A ola de calor provoca 33 falecementos da última semana de xullo en Galiza. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para recorrer nos tribunais un proxecto eólico en Lugo e Castroverde. Aparecen pequenas bólas de chapapote en diferentes praias galegas, sobre todo no litoral da Mariña Lucense. Isto e máis, en Radio Cerna!
18/07/2024 [] [7.11 MB]
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emite unha resolución en materia de emisións industriais que podería ter efecto sobre a instalación de Altri. ADEGA consegue a paralización cautelar do proxecto eólico Serra do Furco nos Ancares. No mar, o Tribunal Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña. A veciñanza de Lugo está en pé de guerra contra o proxecto de instalación dunha planta de biometano no monte veciñal de Coeses. Isto e máis, en Radio Cerna!
04/07/2024 [] [7.14 MB]
Rueda nega unha reunión á veciñanza da Ulloa sobre a macrocelulosa de Altri e volve cargar contra as persoas manifestantes. No medio do debate polos impactos de Altri, Ence emite un comunicado coas supostas vantaxes ambientais da planta de reciclado de fibras téxtiles que quere implantar nas Pontes. Ence, Altri... e polo medio, unha Galiza que concentra máis da metade do eucalipto do Estado, segundo un estudo da USC e UVigo. Ademais, a Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo acadan os 6.000 euros necesarios para preservar e protexer a parcela histórica de Santo Estevo de Ermo na Mariña. Isto e máis, en Radio Cerna!