12/01/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2014 e conta neste programa cales foron os motivos que fan merecedores aos galardoados dos seus premios, que son un recoñecemento simbólico á mellor e á peor actuación ambiental do ano. Os elixidos son....
09/01/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Coñece con nós, a través deste espazo de Radio Cerna, o resumo das novas ambientais máis destacadas da última semana...
07/01/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Varios colectivos ecoloxistas denuncia o proxecto de construción dun paseo fluvial ás beiras do río Mandeo de camiño ao Campo dos Caneiros. Consideran que o proxecto promovido polo concello de Betanzos e a Deputación da Coruña obvia o impacto ambiental nunha zona de Rede Natura, con treitos inundables e espazos de canaveiras. Así mesmo propoñer a reformulación do proxecto e alternativas que minimizan as actuacións, o impacto, e o custo económico da actuación.
05/01/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O Proxecto ARGA (Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia) nace co propósito de inventariar todos os edificios galegos que sufriron algún tipo de rehabilitación, nomeadamente, aqueles que forman parte do patrimonio público. Neste espazo falamos coa súa promotora, Alberta Lorenzo, doutora en arquitectura e especialista en accións de rehabilitación, para coñecer a fondo a plataforma dixital creada para tal fin.
02/01/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste primeiro boletín informativo ambiental de Radio Cerna deste 2015, repasamos a actualidade máis relevante da última semana no eido ambiental galego.
31/12/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Radio Cerna fai repaso do ano 2014 no eido ambiental galego. Neste espazo recóllense algúns dos feitos e temáticas máis relevantes deste ano no panorama ecoloxista ou medioambiental galego a través da voz das persoas protagonistas. Non o perdas!!