29/12/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Hifas da Terra presenta o seu proxecto empresarial e tamén o seu modelo ideal de bosque de castiñeiros ou souto. Esta empresa dedicada desde hai 13 anos fundamentalmente á investigación de fungos e das súas aplicacións na alimentación, na saúde, e na micorrización das plantas, dá emprego a 40 persoas, a maioría cualificadas. Unha das súas liñas de traballo actual é a de extender como alternativa de futuro o seu modelo de souto multifuncional.
26/12/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Posada Marrón Glaçé é unha empresa referente na transformación e venda da castaña galega e tamén é un modelo como iniciativa emprendedora e que aproveita os recursos naturais de forma sostible. Neste espazo imos coñecela da man da súa xerente María Posada, filla do recentemente finado Xosé Posada, creador desta aventura empresarial que conserva moi boas expectativas de futuro.
24/12/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
A Indicación xeográfica Castaña de Galicia pon en valor a tradición, o prestixio, a historia e a calidade da castaña galega. No noso territorio temos máis de 69.000 hectáreas de castiñeiros, que representan máis do 58% da castaña do Estado, o que implica unha importante fonte de recursos para o noso territorio; sen embargo, falta man de obra no rural para abastecer á industria galega da castaña. Manuel López, secretario da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, menciona algunhas das razóns que motivan esta situación e debuxa o escenario actual do mercado e das saídas deste produto galego.
22/12/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Neste espazo escoitaremos as reflexións do Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC, Rubén Lois, sobre como evolucionou o ordenamento territorial de Galiza nas últimas décadas. Tamén indicará algunhas das claves que, desde a súa perspectiva de especialista, se deben de ter en conta á hora de ordear o territorio e que, sen embargo, se desbotaron.
19/12/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasa con nós as novas da actualidade ambiental máis sonadas. Aquí en Radio Cerna!
17/12/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Nos últimos 35 anos, a poboación galega evolucionou cara a unha poboación estable, pero estudos do CSIC constatan certas particularidades na súa evolución que non se observan noutras poboacións de Europa. Neste espazo, a científica Mª Dolores Puga, revelará cales son esas "rarezas" da demografía galega, e como estas deberan servir para deseñar novas políticas territoriais, sociais e económicas.