23/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
O Ministerio de Medio Ambiente vén de declarar 39 espazos mariños como Zonas de especial protección para aves en toda a costa española. Destas, 5 atópanse en augas galegas. As novas declaracións sitúan ao Estado español á cabeza en Europa de espazos mariños protexidos como Rede Natura. Neste espazo saberemos o que supoñen as novas Zepas para a protección das aves mariñas e o que implica para o conxunto da sociedade. Falamos neste programa co responsable de aves mariñas en SEO/Birdlife, organización que lanzou a proposta de declaración das novas áreas mariñas protexidas.
21/07/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
Galiza foi o punto de encontro de máis de 40 expertos en economía, medio ambiente e enerxía de todo o mundo para falar de eficiencia enerxética. Un concepto que levado á práctica suporía un dos piares fundamentais da mitigación dos efectos do cambio climático. Coñecemos as conclusións deste encontro convocado por Economics for Energy da man do seu director, Xavier Labandeira.
18/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita o boletín informativo semanal de Radio CERNA no que se fai repaso da actualidade ambiental máis destacada dos últimos días!
16/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A organización Bee life destaca os resultados dunha revisión científica a nivel mundial sobre os riscos dos pesticias sistémicos que amenazan a vida das abellas e ao conxunto da biodiversidade. Unha revisión que impulsou a UICN e que realizaron 29 científicos do grupo de traballo sobre pesticidas sistémicos, os cales analizaron máis de 800 estudos e artigos publicados sobre os neonicotinoides e o fipronil, algúns dos cales actualmente en moratoria na Unión Europea. Os científicos, que tardaron varios anos en efectuar a revisión, conclúen que non só as abellas son as máis afectadas polo uso destes pesticidas.
14/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha investigadora do grupo de enxeñaría agroforestal da Universidade de Vigo está a piques de rematar unha tese doutoral na que se propón unha solución para mitigar a contaminación por cianobacterias do encoro da Baxe, no río Umia, en Caldas de Reis. Desde o ano 2006, a contaminación pola proliferación destas microalgas tóxicas está sen resolver e os métodos paliativos que arestora se están a aplicar na presa non están acadando resultados óptimos. Esta nova investigación avoga por recoller as substancias contaminantes e tratalas fóra do encoro a través de técnicas naturais.
11/07/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo, escoita as novas ambientais do país máis relevantes da última semana...