14/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Vén de ser aprobada polo Ministerio de Fomento a construción da autoestrada A-76 Ourense-Ponferrada. O proxecto colleu de sorpresa a moitos dos veciños e veciñas da Ribeira Sacra que xa se organizaron en Plataforma para frear a execución da infraestrutura. Coñecemos con eles cales van ser os impactos e a situación na que quedaría a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
11/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo, repasamos a actualidade ambiental galega da última semana.
09/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo daremos conta daqueles alcaldes do PP que tamén andan a buscar unha alternativa a Sogama no eido local. Os rexedores municipais das comarcas do Deza e do Salnés, a maioría do Partido popular, visitaron as instalacións da planta de compostaxe de Lousame para coñecer o seu funcionamento e as súas vantaxes. Tamén andan a explorar experiencias como a compostaxe doméstica, co obxectivo de reducir a xeración de lixo en orixe e tratar a materia orgánica na casa. O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, a quen escoitaremos, é un dos rexedores populares que máis aposta nestes momentos por un cambio de modelo.
07/04/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
Neste espazo escoitamos a algúns dos 90 alcaldes galegos que se negan a pagar o taxazo de Sogama e avogan por un novo modelo de xestión de residuos en Galiza. Perante a negativa da Xunta de compartir a débeda contraída polo modelo da incineración, demandan alternativas máis eficientes ambiental e economicamente.
04/04/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Descobre as novas que o eido ambiental galego deixou nesta primeira semana de abril en tan só 10 minutos!
02/04/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, vén de recorrer nos tribunais a delimitación oficial do Camiño Primitivo a Santiago. Os preto de 20 colectivos que conforman este Foro consideran que o trazado oficializado é fraudulento, non cumpre coa Lei de Protección dos Camiños e que pon en risco a declaración desta vía histórica como Patrimonio da Humanidade. Esta é a segunda delimitación dos camiños de Santiago que actualmente está xudicializada.