09/12/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Fernando Asperilla, xefe de servizo de planificación de residuos da Xunta, acudiu ao Foro cara a unha sociedade da reciclaxe, organizado por ADEGA, para explicar cales son as expectativas da Xunta en materia de residuos de aquí ao ano 2020. Destaca algúns dos obxectivos que pretende acadar o Plan galego de residuos e analiza cales foron os resultados nos últimos 3 anos da aplicación do plan.
05/12/2013 [00:10:00] [5.75 MB]
Máis de 200 concellos en Italia xa están a xestionar os seus residuos baixo o método "residuo cero" e o sistema de recollida porta a porta. O movemento "Zero Waste" ou "Residuo Cero" está a visualizar en Europa a necesidade de deixar de producir aquelo que non se pode reciclar ou reutilizar. Este sistema é factible e viable, como así o expuxo na súa videoconferencia un dos promotores do movemento e coordinador do Comité Científico de Zero Waste en Europa, Enzo Favoino. Recollemos neste espazo a súa intervención traducida por unha intérprete ao galego.
04/12/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
O alcalde da localidade basca de Hernani e un técnico do Consell comarcal de Pallars Sobirá (Pirineo catalán) expuxeron a súa experiencia coa compostaxe no Foro europeo cara a unha sociedade da reciclaxe organizado por ADEGA. Dous proxectos que se colocan á vangarda da xestión de residuos sostible e que son referencia en toda Europa. Se os queres coñecer, preme no play!
03/12/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
No Foro Europeo de Residuos organizado por ADEGA tamén se deron a coñecer algunhas das experiencias de compostaxe que se están a desenvolver en Galiza. Coñecemos en concrto a experiencia da organización ecoloxista ADEGA coa compostaxe doméstica e comunitaria (que atende a 3.000 vivendas) e a da Universidade da Coruña, que pretende xestionar os seus residuos orgánicos no propio Campus.
02/12/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Hoxe recollemos en Radio Cerna os testemuños de Alfonso del Val, un dos primeiros investigadores na composta do Estado, e Betariz Martín, voceira de "Composta en Red" no I Foro europeo de Residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro en Pontevedra. Ambos os dous, especilistas na compostaxe da materia orgánica xerada nos fogares, analizan a situación desta forma de tratamento dos residuos no Estado e animan ás institucións públicas a apostar por este sistema de reciclaxe.
29/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita e coñece cales foron as novas ambientais máis destacadas da semana aquí en Radio Cerna.