12/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Unha tese doutoral, realizada por Encarna Garrido, entre 2006 e 2008, indica que a causa principal da desaparición das abellas en Galiza é o mal uso que se fai dos tratamentos contra o parásito da varroa, e non tanto a aplicación de agrotóxicos, como o fipronil. Se queres coñecer máis afondo as conclusións deste estudo, escoita este espazo.
11/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Nace o movemento de voluntariado SOS Monte Pindo para recuperar e rexenerar este espazo natural protexido. Está promovido pola asociación Monte Pindo Parque Natural en resposta á falta de medios e recursos dispostos polo goberno galego para atallar os prexuízos inmediatos do lume (riadas, escorrentías, etc.) e a erosión do solo e perda de biodiversidade.
08/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas ambientais desta semana no territorio galego. Escóitanos!
07/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Este domingo, 10 de novembro, a Eira da Xoana está de festa! Celebra a II Feira de Outono, de produtos naturais e artesanais, onde uns 50 produtores exporán as súas creacións. Na Feira haberá música (Bico da Balouta), maxia (Mago Antón), literatura (Proxecto Identidades), charlas (Hifas da Terra) e exposicións. Os detalles coñecémolos neste programa con Pepe Salvadores.
06/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Segundo a sinopse dos propios autores, este documental analiza o porqué dos incendios forestais en Galiza, tanto as causas estruturais como as principais motivacións dos incendiarios que os provocan. Está producido por Walkie Talkie Films e foi realizado por Emilio Fonseca e Uxía Buciños durante o ano 2012. Agora comézase a proxectar nalgunhas salas a través de varias entidades. Unha destas citas será o vindeiro 20 de novembro no Museo provincial de Lugo, da man de ADEGA. Nesteespazo falamos co director de "Queimar o Monte".
05/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Os resultados dunha investigación do CSIC dan conta do elevado nivel de contaminación por cobre que sufren algunhas rías galegas. As zonas máis afectadas son sobre todo os portos de mar con tráfico marítimo masivo, e as rías máis contaminadas son as de Ferrol e Vigo. Segundo nos explica o director deste estudo, a causa principal da contaminación por cobre débese á pintura dos barcos. Coñece os detalles da investigación a través deste espazo radiofónico.