01/02/2024 [] [7.11 MB]
ADEGA lanza #EuQueroProxectoRíos, a campaña de recollida de sinaturas pola continuidade do emblemático Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos ao que a Xunta de Galiza vén de retirar o seu apoio. Ademais, a coordinadora Eólica Así Non propón ás forzas políticas candidatas a gobernar a Xunta un decálogo para un modelo enerxético alternativo. E ás portas das novas eleccións, Medio Ambiente subvenciona o sector da caza con 30.000 euros. A Fiscalía abre expediente contra Sogarisa e a Xunta polos reiterados episodios de contaminación no polígono das Somozas. Novo récord histórico de calor en Europa: 38,8ºC. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita!
25/01/2024 [] [7.12 MB]
A Xunta de Galiza retira o seu apoio ao emblemático Proxecto Ríos e abandona definitivamente o voluntariado galego en plena crise ambiental. Ao tempo, a cidadanía galega sae á rúa para reivindicar uns mares sen plástico ante o desastre ambiental dos pellets. A empresa propietaria da mina de San Finx está imputada por delitos contra o medio ambiente; e o persoal traballador denuncia o estado de abandono da planta de residuos de Lousame. Ti Podes Paralos! supera os 190.000 euros recadados, o que permitirá a ADEGA recorrer unha trintena de proxectos eólicos nos tribunais. Isto e máis, en Radio Cerna!
18/01/2024 [] [7.10 MB]
O ecoloxismo chama á mobilización social este domingo, 20 de xaneiro, en Compostela en defensa do mar e contra a incompetencia dos gobernos da Xunta e o Estado na xestión da marea de pellets que asola as costas galegas. Tamén esta semana sóubose que o proxecto de celulosa Altri na Ulloa ocultou información sobre o impacto da súa factoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo de extinción. O ano 2023 foi o máis cálido en Galiza en seis décadas; e varias plataformas denuncian os nesgos na aprobación de cinco proxectos eólicos por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. Estas e outras noticias, en Radio Cerna!
30/11/2023 [] [7.12 MB]
Novas mobilizacións de Eólica Así Non polo Día das Montañas fronte a gobernos e especuladores. O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas en terras da Rapa das Bestas. Nace tamén a plataforma Galiza sen gas, da que forma parte ADEGA, para acelerar o abandono dos combustibles fósiles. O futuro climático debátese en Dubái, na COP28, mentres que organizacións ecoloxistas reclaman o dereito dos pobos a vivir nunha contorna digna e sa. Outes será o primeiro concello en recoñecer os dereitos dun río. Isto e máis, en Radio Cerna!
23/11/2023 [] [7.20 MB]
A coordinadora Eólica Así Non mobiliza centos de persoas fronte ao Parlamento de Galiza contras as leis do PP que entregan o país definitivamente ao capital privado. A Xunta de Galiza retira o permiso que lle concedeu á mina de San Finx para verter augas contaminadas. Un estudo coordinado por ADEGA duplica o número de especies botánicas coñecidas na Illa de Tambo. E ademais, a Comisión Europea permite o uso do glifosato unha decada máis. Estas son algunhas das noticias de máis actualidade que tratamos neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!
16/11/2023 [] [7.27 MB]
A Xunta de Galiza deixa maioritariamente en mans privadas a nova sociedade mixta para impulsar proxectos de renovables, da que formarán parte empresas como Abanca, Ence ou Finsa. Fronte á política eólica da Xunta, a coordinadora Eólica Así Non convoca a sociedade galega a unha nova concentración fronte ao Parlamento de Galiza. Ademais, a Xunta acepta a Ence na Alianza Galega polo Clima. Puxeron o raposo a coidar das galiñas, di a APDR. Tamén esta semana a SGHN reclamou que a gaivota sexa considerada especie vulnerable en Galiza; e un estudo confirma que millóns de microplásticos caen do ceo cada día. Todo isto e máis, en Radio Cerna!