09/11/2023 [] [7.09 MB]
Terremoto político en Portugal por presunta corrupción en dúas minas de litio na fronteira con Galiza. Aquí, Amancio Ortega ultima a compra do 49% dunha megacarteira de renovables de Repsol. Inditex, ademais, érguese como unha das marcas máis contaminantes con toneladas de roupa transportadas por avión, segundo unha recente investigación. No mar, vén de acabar a campaña marisqueira máis curta da historia na ría de Muros e Noia; e o mundo da apicultura reclama á Xunta a creación dun comité específico para a loita contra a velutina. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna!
02/11/2023 [] [7.22 MB]
Unha empresa andaluza proxecta tres parques eólicos fronte á costa da Mariña; e en terra, máis de 80 profesionais e grandes figuras da cultura e ciencia asinan o Manifesto Acibal contra o espolio eólico dos montes. Ademais, 21 explotacións mineiras en Galiza están en situación irregular, segundo o Observatorio Ibérico da Minaría. Tres sociedades científicas denuncian os impactos ambientais do proxecto de modernización dos sistemas de rega na Limia; e a UNESCO tacha a iniciativa de praia fluvial sobre o Miño de "acción destrutiva". Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!
27/10/2023 [] [7.09 MB]
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente o polígono Acibal, situado en Barro, Campo Lameiro e Moraña. Esta sentenza supón un novo golpe xudicial para a política eólica da Xunta nun momento no que manobra coa lei para procurar "blindar" o seu modelo a través das declaracións dos proxectos de "interese público superior". Mentres, a campaña Ti Podes Paralos! lanza un novo desafío para frear o P.E. Zamorra, en Agolada. Mantense a guerra aberta entre a Xunta de Galiza e o Goberno español a conta das competencias sobre o litoral; e o xacinto de auga ameaza a biodiversidade galega. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
20/10/2023 [] [7.07 MB]
A patronal eólica volve cargar contra a Xustiza e os colectivos ecoloxistas polas anulacións e suspensións cautelares de polígonos eólicos en Galiza. Mentres, ADEGA alerta que a lei de beneficios sociais da Xunta pode acabar nun lavado de cara para o lobby eólico, mineiro e pasteiro. Ademais, Iberdrola, Naturgy e Endesa pagan máis de medio millón de euros ao ano para influír nas políticas europeas segundo unha investigación internacional. A Xustiza paraliza cautelarmente a explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo; e Galiza vive o seu peor incendio do 2023 na Mariña. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
06/10/2023 [] [7.10 MB]
Medio século despois, a central térmica das Pontes deixa de queimar carbón. Apágase un símbolo industrial e cesa unha das maiores fábricas de cambio climático de Europa. Ao tempo, xa son 40 os recursos contra parques eólicos que chegaron ata o de agora ao TXSG. Tamén esta semana se publicou un informe que indica que o 78% de Galiza respirou aire contaminado por ozono ao longo deste ano. Primeira semana coa Lei de Benestar Animal en vigor. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!
29/09/2023 [] [7.15 MB]
A Xunta de Galiza acumula frontes abertas nos xulgados en materia medioambiental, a conta do modelo eólico, a mina de San Finx e a cidade deportiva do Celta en Vigo. Ademais, esta semana toca dicir adeus á purpurina e demais produtos con microplásticos engadidos intencionadamente. ADEGA iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na Coruña e As Mariñas; mentres a sociedade galega volveu mollarse polos ríos un ano máis a través da Limpeza Simultánea de Ríos impulsada por ADEGA. Isto e máis, no novo programa de Radio Cerna!