05/03/2013 [] [5.74 MB]
Esta é a pregunta á que debe responder a Xunta diante dos proxectos mineiros que solicitan a explotación de terras de Galiza eminentemente produtivas en alimentos. As dúas actividades na mesma terra son incompatibles, por iso, da decisión que tome a Xunta, vai depender o futuro de zonas agrarias como A Limia ou a Terra Chá. Escoitamos a análise que fai desta dicotomía o Sindicato Labrego Galego.
04/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Os proxectos da minaría emerxente non son os únicos que constitúen a nova era do sector en Galiza. Outros proxectos extractivos de minerais máis comúns están a constituírse como ameaza de zonas agrogandeiras de Galiza tremendamente produtivas. É o caso da Limia, que agora se enfronta aos intereses dunha empresa castellonense que pretende explotar feldespato na zona onde se produce o 90% da pataca con indicación xeográfica de Galiza.
01/03/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita neste espazo Cerna cales foron as noticiais do eido ambiental galego máis relevantes da última semana. En 10 minutos contámoschas todas!
28/02/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Algunhas empresas solicitan que o seu proxecto industrial sexa considerado estratéxico. Isto ofrece unha serie de vantaxes á promotora en termos de tramitacións, subvencións e preferencia sobre outros usos. A este modelos de proxecto quérense acoller algúns dos últimos proxectos mineiros que se están a tramitar en Galiza. Hoxe coñecemos coa profesora en dereito ambiental o que implica que un destes proxectos sexa declarado estratéxico para o país.
27/02/2013 [00:10:01] [5.73 MB]
O profesor en Economía ecolóxica na USC, Xoán Ramón Doldán, fai unha análise da rendibilidade da minaría en Galiza, tendo en conta os impactos que esta actividade xera no territorio. O discurso tivo lugar o pasado 16 de febreiro en Compostela, dentro do I Encontro galego sobre os impactos da minaría.
26/02/2013 [00:10:01] [5.74 MB]
Un xeólogo e un enxeñeiro de minas desmontan o mito promulgado pola Administración de que "Galiza é unha mina". Trátase do catedrático en xeoloxía, Xoán Ramón Vidal Romaní, e do Enxeiro de Minas, Emilio Menéndez. Eles tamén participaron no I Encontro galego sobre os impactos da minaría en Galiza.