Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

25/02/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Os impactos e os atrancos da minaría en Galiza

O I Encontro galego sobre os impactos da Minaría celebrado o pasado 16 de febreiro fixo un repaso ao estado da cuestión da minaría que se desenvolve en Galiza e das expectativas sobre os futuros proxectos mineiros. Ao longo de toda esta semana abordaremos os contidos recollidos neste Encontro, comezando por analizar os impactos da minaría no medio natural. Especial mención tivo neste acto as previsións sobre o impacto da mina de ouro de Corcoesto.

22/02/2013   [00:10:02]   [5.75 MB]

Boletín informativo ambiental 22/02/13

Convidámoste a descubrir cales foron as novas desta semana máis destacadas no eido ambiental. Escoita este espazo CERNA!

21/02/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Os lodos da ría do Burgo alarmaron aos parlamentarios europeos

Foi a terceira visita e última dos eurodeputados europeos polas rías galegas. O estado de contaminación da ría do Burgo non deixou indiferentes aos parlamentarios europeos, nomeadamente, a acumulación de lodos nos seus fondos. A Plataforma en defensa da ría do Burgo quedou satisfeita desta visita, como imos escoitar no espazo de hoxe.

20/02/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Delegados europeos a poucos metros de Reganosa

A ría de Ferrol foi o segundo enclave do litoral galego que visitou a delegación parlamentaria da Unión Europea. Por primeira vez poideron observar de xeito directo a localización de Reganosa no interior da ría e comprobar os riscos que ten. O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol aseguran que os eurodeputados quedaron alarmados.

19/02/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Europa mira con lupa o saneamento da ría de Vigo

A partir de hoxe ata o venres analizaremos con varios colectivos e plataformas como versou a visita dos eurodeputados ás rías galegas para comprobar sobre terreo o seu estado de contaminación e degradación. Hoxe comezamos por avaliar a visita á ría de Vigo coa plataforma que se encarga da súa defensa.

18/02/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A xustiza falla a favor da paralización das obras de Valdoviño

É un dos casos galegos máis paradigmáticos no incumprimento da lexislación ambiental e urbanística. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza bota abaixo as pretensións de construción dunha urbanización de chalés e dous hoteis na costa de Valdoviño, en zona protexida con varias figuras legais ambientais e patrimoniais. ADEGA manifesta a súa satisfacción, aínda que o fallo é recurrible.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal