Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

04/06/2026   [10:00:00]   [12.05 MB]

Boletín informativo ambiental 05/06/26

A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo. ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao polos seus graves impactos ambientais. Noutra orde de cousas, a Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha nova terminal de almacenamento de betume no porto de Vilagarcía de Arousa, unha decisión que levantou críticas polos seus impactos na ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

28/05/2026   [10:00:00]   [12.38 MB]

Boletín informativo ambiental 29/05/26

A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os datos para facer crer que a especie está nunha situación favorábel. Tamén ADEGA alerta de que a planta de biometano prevista na Laracha podería incumprir a lei de residuos e poñer en risco a saúde da veciñanza. E a Coordinadora “Eólica Así Non” presenta unha denuncia na Fiscalía Superior de Galiza para que investigue se puido haber prevaricación no cambio de seccións dos casos relacionados coa enerxía eólica dentro do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

22/05/2026   [10:00:00]   [12.01 MB]

Boletín informativo ambiental 22/06/26

Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar rebaixar o nivel de protección do lobo en Europa. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

07/05/2026   [10:00:00]   [12.11 MB]

Boletín informativo ambiental 08/05/26

Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, e sacar a concurso máis de 100 dereitos mineiros caducados en todo o país. Bateeiros, mariscadoras e mariñeiros de distintos puntos do país concentráronse esta semana ás portas do Parlamento para denunciar a grave crise que atravesa o sector do mar. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

30/04/2026   [10:00:00]   [12.23 MB]

Boletín informativo ambiental 01/05/26

A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún lume ao longo de 2025. A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra denuncia a “ocultación” de información por parte da Xunta sobre as verteduras industriais de Ence e o estado ambiental da ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

23/04/2026   [10:00:00]   [12.35 MB]

Boletín informativo ambiental 24/04/26

A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertura da mina de cobre na comarca de Arzúa. Diversas entidades ecoloxistas solicitaron á Xunta a suspensión do concurso de pesca do salmón previsto para o 10 de maio no río Ulla, ao considerar que é incompatible coa situación grave da especie. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal