Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

22/09/2023   []   [7.09 MB]

Boletín informativo ambiental 22/09/23

A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica lanza unha nova plataforma (https://retotpp.heroes.help) para que calquera persoa poida reunir fondos para a causa a través de retos persoais. Auditores da Unión Europea poñen en dúbida que a eólica mariña sexa inocua para o medioambiente. O Consello da Cultura Galega alerta de que o eucalipto provoca unha perda de biodiversidade e urxe medidas. A emerxencia cinexética declarada pola Xunta é unha decisión "improvisada" e "acientífica", segundo ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

14/09/2023   []   [7.24 MB]

Boletín informativo ambiental 15/09/23

Un complexo eólico cunha potencia de máis de 320 megawatts ameaza as comarcas da Limia e Monterrei, mentres que a campaña de recadación colectiva Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica se achega aos 160.000 euros reunidos. A Xunta subvencionará a eólica mariña con máis de 5 millóns de euros; o proxecto de central de bombeo en Castrelo de Miño xera rexeitamentos na veciñanza; e a Xunta de Galiza permite a caza sen límite de xabarís no 80% de Galiza. Todos estes temas da actualidade medioambiental da semana, e máis, neste novo episodio de Radio Cerna. 

07/09/2023   []   [7.17 MB]

Boletín informativo ambiental 08/09/23

A campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos supera a barreira dos 150.000 euros. Á par da eólica, Galiza vive o boom da hidroeléctrica, con 7 centrais de bombeo proxectadas no territorio. Tamén esta semana a mina de San Finx volveu ao foco informativo tras saberse que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos. A Xunta expedientou á mineira. A guerra contra o lobo regresa e confírmase que o verán do 2023 foi o máis cálido dende que hai rexistros. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

28/07/2023   []   [7.18 MB]

Boletín informativo ambiental 28/07/23

A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos está a piques de superar os 100.000 euros en doazóns, un fito moi importante, e suma un novo desafío para procurar frear o P.E. Paraño Oeste. Ao tempo, as eólicas dinamitan o Acibal, un monte cheo de petróglifos e pedras históricas en Moraña, na comarca de Caldas; e no mar, Portugal prioriza a zona da fronteira con Galiza no seu estreo da eólica mariña. O cambio climático é unha das maiores preocupacións da cidadanía actualmente, e os seus efectos nótanse en terra e nas augas. As altas temperaturas están detrás da morte masiva de navallas na Lanzada. 

Todo isto e máis, en Radio Cerna!

20/07/2023   [00:10:30]   [7.43 MB]

Boletín informativo ambiental 21/07/23

As montañas orientais de Galiza urxen o apoio social a través da campaña Ti Podes Paralos para frear a invasión eólica. Mentres a patronal mantense nunha cruzada contra as sentenzas que tombaron varios parques eólicos autorizados pola Xunta de Galiza. ADEGA cualifica estes ataques de indecentes e antidemocráticos. Ademais, a Fiscalía abre dilixencias contra altos cargos de Augas de Galiza por autorizar verteduras da mina de San Finx; e a cidade deportiva que o Celta constrúe nos montes comunais de Mos esquiva unha rigorosa avaliación ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

14/07/2023   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 14/07/23

O cambio climático irrompe na campaña electoral e as formacións políticas destapan as súas propostas diante do reto da transición ecolóxica, no que aparece o debate eólico. Neste mesmo ámbito, as presións da patronal eólica, da Xunta (e agora tamén de CCOO) contra os xuices que anularon os parques eólicos de Campelo e Bustelo persisten, ata o punto que o propio TSXG e Xuíces pola Democracia tiveron que pedir respecto pola independencia xudicial. Desde ADEGA cualifícas a situación de vergoñenta e lamentable e anima ao pobo a seguir denunciando a invasión eólica inxusta e insustentábel a través da campaña "Ti podes paralos!". Isto e moito máis neste espazo de Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal