04/03/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
O tribunal Supremo falla a favor da veciñanza afectada polos parques eólicos Sasdónigas I e II de Mondoñedo e senta xurisprudencia sobre a fragmentación artificial de proxectos. Esta sentenza podería ser un dos maiores golpes de efecto contra a invasión eólica que estamos a vivir no país, xa que moitos dos proxectos en tramitación adoecen deste mesmo defecto: a fragmentación artificial de parques para esquivar a avaliación ambiental de conxunto. Os colectivos e plataformas críticos co actual modelo eólico celebran a sentenza. E en Castrove, a aparición dunha planta en perigo crítico de extinción pon en dúbida a viabilidade do proxecto eólico que se pretende instalar neste enclave do concello de Poio. Estas e moitas outras novas poderalas escoita neste espazo de Radio Cerna.
25/02/2022 [00:10:00] [6.90 MB]
A negativa da Xunta á central hidroeléctrica do Valadouro tramitada polo Ministerio ou o debate sobre as concesións hidroeléctricas caducas poñen a explotación enerxética dos ríos no foco de atención da información ambiental da semana. E, como colofón, unha rutura da comporta dun encoro de Iberdrola en Vilamartín de Valdeorras. Máis detalles neste espazo de Radio Cerna.
18/02/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
Esta semana producíronse algúns pasos favorables á ofensiva social contra a avalancha eólica. O TSXG admitiu os recursos de ADEGA contra tres parques eólicos de Greenalia da comarca do Xallas que afectan a unha especie de planta única no mundo. E tamén se coñeceu a desestimación por parte das promotoras de 9 parques eólicos na provincia de Pontevedra. No eido da explotación eléctrica dos ríos, Augas de Galiza pronúnciase sobre a extinción de concesións. Escoita #RadioCerna
11/02/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
A seca na bacía Galiza-Costa, a central hidroeléctrica de Valadouro, os eólicos mariños, a nova lei do clima ou a afección dos microplásticos na saúde... algúns dos temas ambientais que foron noticia nesa semana. Escoita Radio Cerna!
04/02/2022 [00:10:00] [6.89 MB]
Entre as novas máis destacadas desta semana dedicada ás zonas húmidas están: o novo proxecto "estrela" da Xunta é unha planta de grafito ao que vincula tamén o desenvolvemento da enerxía eólica, con capital de investimento xaponés. ADEGA volve poñer en evidencia o recorte de dereitos democráticos que está a sofrer a cidadanía galega en materia de participación pública. O Ministerio de Transición Ecolóxica prorroga o prazo das eólicas para obter os permisos, ao tempo, que se recortan os prazos para alegar aos proxectos eólicos. E o colofón da semana, a multa da Xunta á CHMS e a Naturgy e Iberdrola polo baleirado "irregular" dos encoros durante o pasado verán. Escoita Radio Cerna e coñece as novas ambientais máis destacadas de Galiza.
28/01/2022 [00:10:00] [6.88 MB]
Indignación de colectivos ecoloxistas e sindicatos ante o comportamento da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, no último Consello Galego de Medio Ambiente, sentenza do TSXG que pon en cuestión a tramitación de parques eólicos e canteiras en situación de alegalidade durante 40 anos, é parte do menú do boletín informativo desta semana en Radio Cerna.