15/10/2021 [00:10:00] [5.72 MB]
Temas de profundo calado ambiental protagonizaron o debate do Estado da Nación, no que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, despreciou os movementos sociais críticos cos macroproxectos eólicos, os cales cualificou de "déspotas". A manifestación de Aliente en Madrid "Renovables Si, pero non Así", a nova lei de protección dos dereitos dos animais e o potencial peche das granxas de visión de Galiza, entre outros temas, centraron a actualidade ambiental da semana.
08/10/2021 [00:10:00] [6.90 MB]
Hoxe achegamos un espazo de radio exultante de actualidade ambiental. A semana deixounos novas sobre Endesa e a súa intención de volver queimar carbón nas Pontes, o inico da xudicialización eólica por parte de ADEGA, a publicación oficial do novo Plan Forestal ou o novo proxecto da Mina de Touro, entre outras... Escoita!
01/10/2021 [00:10:00] [6.90 MB]
Plan de Conservación da Fraga de Catasós, vertidos en rías e limpeza simultánea de ríos, entre outros dos acontecementos ambientais da última semana, aquí en Radio Cerna!
24/09/2021 [00:10:00] [6.93 MB]
Sen dúbida, a nova ambiental da semana protagonizouna o lobo. Pasa a ser especie protexida, aínda que non se prohibe na totalidade a súa caza. Os segundos protagonistas: os encoros. ADEGA presenta denuncia na Fiscalía contra a Xunta e as eléctricas polo suposto baleirado irregular dos encoros en días nos que o prezo da luz acada máximos históricos, e novos aproveitamentos hidroeléctricos asoman nas balsas mineiras de Meirama e As Pontes. Por outra banda, o encoro das Cunchas aspira a ser declarada zona vulnerable por contaminación de nitratos...
16/09/2021 [00:10:00] [6.87 MB]
Radio Cerna está de volta! Iniciamos esta nova etapa no repaso da actualidade ambiental de Galiza, dando conta da declaración da nova Reserva da Biosfera de Galiza, do baleirado dos encoros e do principio dos 3s da Enerxía impulsado por ADEGA. Non te perdas este boletín...
13/08/2021 [00:10:00] [6.91 MB]
Un novo informe do IPCC advirte que a década presente é deeterminante para evitar os efectos catastróficos do cambio climático e insta ás industrias máis contaminantes e situadas no litoral a tomar medidas drácticas. A actualidade ambiental dos últimos días tamén nos deixa novas relacionadas co rexurdimento dos proxectos eólicos mariños de Iberdrola, a denuncia do Rally Hispania por parte de ADEGA e a petición do concello de Lalín de modificación da Lei de Caza para poder abater crías de xabaril e lobo. Os boletíns informativos semanais de Radio Cerna volverán con información actualizada en setembro. Saúdos ecoloxistas!