Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

28/02/2020   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 28/02/20

No boletín informativo ambiental de hoxe de Radio Cerna falaremos da apertura da Lagoa de Baldaio, da Asemblea Xeral de ADEGA, da nova fichaxe da Fiscal Xeral do Estado ou da nova campaña do SLG a prol do rural galego. Preme e escoita!

21/02/2020   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 21/02/20

No boletín desta semana, o fallo dos premios Osíxeno e Dioxina 2019 de ADEGA, o estatuto de electrointensivas, novo caso da fiscalía ambiental en Galiza e críticas ecoloxistas a proxectos municipais non acordes ao momento de emerxencia climática que estamos a vivir. Estas e outras novas, se te sumas a Radio Cerna!

14/02/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 14/02/20

Escoita este espazo informativo promovido por ADEGA sobre a actualidade ambiental galega, que esta semana comeza por dar conta da fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pola empresa do lobby enerxético-forestal, Greenalia.

07/02/2020   [00:10:00]   [6.91 MB]

Boletín informativo ambiental 07/02/20

A práctica da caza xenera conflito co sector ambientalista. Nesta semana, os colectivos ecoloxistas presentaron cando menos dúas denuncias contra cuadrillas de caza por incumprimento da normativa vixente. Alén da caza, a actividade mineira centra parte dos contidos deste espazo de radio, así como a potencial extinción dalgunhas especies agora comúns. Escoita Radio Cerna e ponte ao día da actualidade ambiental galega!

31/01/2020   [00:10:00]   [6.93 MB]

Boletín informativo ambiental 31/01/20

Sen dúbida, a nova ambiental da semana: a declaración de impacto negativa da mina de Touro-O Pino. Dedicamos un espazo importante a esta nova no boletín de hoxe, ademais de repasar outras novas que nos deixou a última semana no eido ambiental e ecoloxista de Galiza.

23/01/2020   [00:10:00]   [6.91 MB]

Boletín informativo ambiental 24/01/20

O goberno central declara a emerxencia climática, as industrias galegas máis contaminantes gábanse dos logros acadados e a sociedade alerta sobre o impacto do espolio "verde" sobre o rural, que segue a perder poboación. Estes son algúns dos temas que nos deixa a actualidade ambiental galega e que poderás descobrir neste espazo informativo. Escoita!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal