17/01/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece os temas ambientais máis destacados da última semana, como a polémica pola caza do raposo en Triacastela, a renuncia do PP de deitar os lodos do Lérez no mar, a anulación da licenza da canteira de Cosmos ou o traslado do caso das verteduras da mina de Touro aos xulgados.
10/01/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Os incendios de Australia, a transición ecolóxica, o novo goberno central ou os fitos de ADEGA durante 2019, algunhas das novas ambientais máis destacadas da última semana...
03/01/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Neste primeiro boletín informativo ambiental do ano 2020 afondamos sobre apetición de Endesa do peche da central das Pontes e na suba do prezo dos combustibles e dos transportes... O cambio climático faise notar! Feliz Ano!
26/12/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
Nesta semana de Festas as chuvias e desbordamento de ríos foron as protagonistas e deixaron ao descuberto os lugares e zonas de inundación que foron ocupadas por un urbanismo mal planificado. Tamén se abordaron os distintos xeitos de celebrar o Nadal, desde unha perspectiva turística e consumista como a promovida por Abel Caballero, ata a máis ecolóxica, aconsellada por ADEGA. Estes e outros temas nun novo boletín informativo de Radio Cerna. Escóitao aquí!i
20/12/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Esta semana deixou novidades no eido dos residuos, do clima ou da xestión litoral. Novas propostas lexislativas que afectan ao territorio e á xestión dos recursos antes do remate do ano. Desde Radio Cerna desexámosche Felices Festas!
13/12/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
As Pontes ou Alcoa seguen a ocupar gran parte do espazo informativo dos últimos días, ademais da outra protagonista da semana, Greta Thunberg, nomeada Persoa do Ano pola revista Time. Se queres coñecer que novidades deixou esta semana neste e noutros temas de carácter ambiental, escoita este espazo.