28/01/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
Desde o pasado mes de decembro máis de 10 baleas teñen varado nas costas galegas. O seu achegamento ás nosas costas nos últimos anos propicia tamén a aparición de maior número de varamentos destes animais. A CEMMA, Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, explícanos que causas pode haber detrás do achegamento das baleas ás costas galegas.
25/01/2019 [00:10:00] [6.88 MB]
Neste espazo de radio facemos repaso da actualidade ambiental galega. Nesta semana Sogama anuncia unha rebaixa no canon de residuos, publícase o novo proxecto da planta de lixo de Nostián (A Coruña) e danse novidades con respecto ás cacerías de raposo. A fauna salvaxe volveu ser protagonista nos últimos días.
23/01/2019 [00:10:00] [6.87 MB]
A asociación ecoloxista ADEGA fai balance do ano 2018 e sinala cales foron os fitos no eido ecoloxista. Entre os principais temas destaca a ILP do Bosque, a mina de Touro-O Pino, proxectos de custodia ou a defensa de especies emblemáticas. Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, ofrece os detalles.
21/01/2019 [00:10:00] [6.90 MB]
A caza do raposo volve a xerar debate social e mobilizacións de repulsa en toda Galiza. Numerosos colectivos ecoloxistas, animalistas, políticos, culturais e sociais piden a erradicación dos campionatos de caza do raposo por non ter xustificación de ningún tipo. Entre eles, ADEGA vén de solicitar a prohibición destes torneos e a toma en consideración dos efectos que poderían estar tendo sobre os aspectos ecolóxicos da especie. Tamén pide á Xunta que suspenda as competicións pendentes de celebración por motivos de seguridade cidadá.
18/01/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
O peche da térmica de Meirama encabeza a serie de novidades que esta semana nos deixou no eido ambiental e ecoloxista. Convidámoste a coñecelas todas!
16/01/2019 [00:10:00] [6.90 MB]
O vexetal, as plantas, sempre estiveron presentes na Arquitectura e cada vez entra máis nas tendencias actuais. Varios arquitectos e arquitectas escribiron a obra "Arquitectura Vegetal" para rachar coa idea de que os elementos naturais e o deseño arquitectónico van por diferentes camiños. María Antonia Fernández Nieto, profesora de proxectos arquitectónicos na Universidade Francisco de Vitoria de Madrid fálanos das dimensións que o vexetal ocupa nesta disciplina.