Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

28/11/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

A xestión dos Camiños de Santiago, posta en cuestión polo Icomos

A dous anos do Ano Xacobeo e no ano europeo do Patrimonio Cultural, a xestión dos Camiños de Santiago por parte da Xunta de Galiza e do Estado está a ser posta en cuestión por varios colectivos e, mesmo, polo Icomos, un organismo encargado de velar polo cumprimento dos criterios polos que a Unesco declara Bens Patrimonio da Humanidade. A delegación española do Icomos critica en particular o impacto potencial sobre o Camiño Francés de aprobarse a reapertura da mina Touro-O Pino. E colectivos como a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago ou o Foro do Camiño Primitivo chaman tamén a atencións sobre a perda de identidade e do carácter tradicional das vías de peregrinación por mor das obras de "acondicionamento" da Axencia Galega de Turismo. Así mesmo, tamén lamentan o abandono e a falta de implicación das autoridades locais e autonómicas na preservación e posta en valor dos Camiños de Santiago.

26/11/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

ILP do Bosque: "Malia a súa derrota no Parlamento, esta Iniciativa foi todo un éxito"

Superada a fase da defensa da ILP a prol do bosque autóctono no Parlamento de Galiza, onde foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PsdG, as entidades promotoras da ILP fan balance. Os representantes das diferentes palataformas e entidades que promoveron esta Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do Bosque Galego e contra os incendios forestais valoran o resultado da votación para a toma en consideración da ILP, pero tamén a campaña no seu conxunto. E insta a coller de novo pulo para seguir reivindicando outro monte e outro rural para Galiza.

23/11/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 23/11/18

Descubrimos neste espazo de radio os temas máis relevantes da actualidade ambiental galega: Unha ILP do bosque desbotada polo Parlamento, rebaixas nas faixas de seguridade fronte os lumes, verteduras en ríos e unha nova plataforma ecoloxista..., entre outros acontecementos.

21/11/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

O Parlamento Galego rexeita a ILP do bosque apoiada por 40.000 persoas

A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do bosque galego defendou onte no Parlamento de Galiza os contidos desta proposta de Lei. Os votos negativos do PP e a abstención do PsdG tumbaron a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa. Neste espazo recollemos parte das intervencións da presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, representante da Comisión Promotora, e dos voceiros dos grupo parlamentarios.

19/11/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

ADEGA: Debe haber unha condena penal polo caos urbanístico de Barreiros

Unha vez rematado o xuízo por prevaricación urbanística contra o alcalde de Barreiros e o seu equipo de goberno, as partes implicadas agardan diferentes resultados do fallo. ADEGA presentou as súas expectativas en rolda de prensa. Advirte que, de non haber condena penal neste caso, as consecuencias afectarían negativamente a todo o urbanismo galego e confía en que os tribunais fagan xustiza.

16/11/2018   [00:10:00]   [6.92 MB]

Boletín informativo ambiental 16/11/18

Repasa con nós a actualidade ambiental galega!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal