18/12/2017 [00:10:00] [9.17 MB]
A comezos de mes tiveron lugar en Salceda de Caselas as I Xornadas galego-portuguesas fronte a eucaliptización e os lumes forestais, organizadas polos colectivos Treze-Catorze, ADEGA e a rede Cousa de Raíces. No encontro, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido deu conta da capacidade de expansión do xénero Eucalyptus en Galiza e norte de Portugal, pero tamén nos puntos quentes de biodiversidade do Planeta. A continuación, presentamos algúns extractos da súa palestra sobre o impacto do eucalipto no territorio.
15/12/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo de Radio Cerna informámosche da actualidade ambiental de Galiza. Quérela coñecer?
13/12/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
A Univerdidade da Coruña nomeou recentemente como profesor emérito ao xeólogo Xoán Ramón Vidal-Romaní, tamén director do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal". Na súa lección derradeira, Vidal-Romaní fixo un repaso a máis de 1.000 millóns de anos da historia de Galiza. A súa traxectoria académica achegou, sobre todo, un maior coñecemento sobre o noso territorio na Era Cuaternaria e foi o descubridor de Elba, o resto humano máis antigo atopado en Galiza.
11/12/2017 [00:10:00] [9.18 MB]
O concello de Baiona impulsa o complexo turístico e deportivo "As Costeiras" co gallo de reclamar turismo fóra da época estival. Entre as actuacións, prevese a creación dun campo de golf de 18 buratos en 70 ha da Serra da Groba. Desde o verán, o proxecto colleitou unha grande oposición social e veciñal pola potencial afectación do complexo aos recursos hídricos da zona, ao monte comunal e ao patrimonio cultural da zona.
04/12/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas que estivo en prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado que estaba a recibir Miguel , tratado como terrorista ambiental, cando a causa do lume de 1 Ha na súa parcela se debeu a unha imprudencia e non a un acto deliberado. Un día despois da súa saída, Miguel concedeu unha entrevista a Radio Cerna que reproducimos a continuación.
01/12/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza, escoita este espazo. Só tardarás en coñecela 10 minutos!