15/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Este proxecto europeo, promovido polas universidades de Santiago e A Coruña, xunto coa colaboración da Deputación de Lugo e de 12 concellos, será o primeiro en ensaiar o pago ás comunidades locais polos servizos ambientais dos espazos naturais protexidos. O obxectivo principal do proxecto será a conservación dos brezais e turbeiras protexidas da Serra do Xistral e procurar a compatibilidade cos aproveitamentos tradicionais da zona. Tamén se prevé a eliminación de especies foráneas.
13/11/2017 [00:10:00] [9.18 MB]
Galiza, Asturias e Norte de Portugal pretenden recuperar os corredores fluviais dos seus espazos naturais protexidos a través do Life Fluvial, un proxecto transnacional impulsado por diversas institucións de investigación e de goberno que permitirá realizar actuacións de reparación natural nas ribeiras protexidas. Unha desas actuacións será a eliminación de acacias e eucaliptos na ría do Eo. Estará coordinado polo Instituto de Biodiversiade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).
10/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Queres coñecer a actualidade ambiental da semana en Galiza? Os últimos días deixaron no prelo informativo: novos datos sobre incendios, imputacións ou presuntos delitos ambientais avaliados na Fiscalía, entre outros temas.
08/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Seguimos abordando a cuestión da seca en Radio Cerna. Hoxe entrevistamos ao director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, responsable da xestión das bacías de Galicia-Costa, quen pide responsabilidade á cidadanía á hora de consumir auga.
06/11/2017 [00:10:00] [9.19 MB]
A escaseza de chuvia durante todo o ano 2017 fai que comece o presente ano hidrolóxico con alerta por seca en 6 sistemas da bacía Galicia-Costa e en toda a bacía do Miño-Sil. Despois dos incendios esta é a maior crise ambiental que está a sufrir o noso país nos últimos meses. Esta semana entrevistamos en Radio Cerna aos máximos responsables en Galiza da xestión dos nosos recursos hidricos. Desta volta falamos co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín.
03/11/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana con Radio Cerna, un programa de medio ambiente e ecoloxía que che ofrece ADEGA!