30/10/2017 [00:10:00] [9.16 MB]
A través do proxecto de innovación docente "Plantando cara ao lume", a Universidade de Santiago de Compostela está a formar aos primeiros voluntarios e voluntarias con capacitación suficiente para participar nos labores de restauración de montes queimados que leve a cabo a Xunta de Galiza. É o primeiro programa, ata agora coñecido, que apoia a Xunta co obxectivo de crear un dispositivo oficial de voluntariado contra o lume, despois da última vaga de lumes. A última experiencia similar tivo lugar en 2006, baixo o nome de Voluntariado en Defensa de Monte Galego, que deixou de funcionar co cambio de goberno autonómico. Agustín Merino, coordinador do proxecto "Plantando cara ao lume" mostra neste espazo que obxectivos persegue este programa formativo universitario e como se está a desenvolver.
27/10/2017 [00:10:00] [5.72 MB]
Repasamos a actualidade ambiental de Galiza, na que os lumes seguen sendo o centro de atención. Coñécea!
25/10/2017 [00:10:00] [5.76 MB]
A directora do Grupo de investigación sobre a Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago (USC) explícanos que se debe e non se debe facer de forma inmediata nos terreos queimados.
23/10/2017 [00:10:00] [9.18 MB]
Unha rede de 60 entidades galegas conformadas baixo o nome "Cousa de Raíces" vén de presentar no Parlamento galego unha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular que pretende regular cara un modelo máis sostible o monte galego. Os seus obxectivos princiais son potenciar o bosque autóctono, frear o eucalipto, mellorar a xestión do monte e loitar contra os lumes forestais. O texto normativo será agora avaliado polo Parlamento para admitir ou non a súa tramitación.
Máis información en: http://cousaderaices.wordpress.com ou http://adega.gal
20/10/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Desta volta, o boletín informativ de Radio Cerna será un monográfico sobre os lumes vividos en Galiza recentemente. Repasaremos algúns dos aspectos máis relevantes do acontecido nesta semana. Acompáñanos!
18/10/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Recollemos nest espazo o testemuños dos bombeiros profesionais, ecoloxistas e afectados pola última vaga de incendios que sitúan a solución á problemática dos lumes máis alá da persecución dos criminais. Urxen un cambio no modelo forestal e na xestión actual dos montes galegos.