Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

16/10/2017   [00:10:00]   [9.20 MB]

Apoio á radio comunitaria da Coruña. Cuac FM Resiste!

Radio Cerna dedica este programa especial a CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, coa que colabora, e que se viu obrigada a pechar a súa emisión por frecuencia modulada o pasado mes de setembro ante a ameaza dunha sanción de ata 200.000 euros. A Xunta abriulle un expediente sancionador por emitir sen licenza poñendo en risco a continuidade do proxecto pese a ter solicitado licenza en varias ocasións e levar 21 anos emitindo de forma ininterrompida. CUAC FM teme que se trate dun intento das autoridades públicas de eliminar as radios comunitarias do país. Desde Radio CERNA e ADEGA manifestamos o noso apoio a todas as radios comunitarias de Galiza e do mundo e ao seu dereito a existir e a obter licenza.

CUAC FM pódese seguir escoitando no web http://cuacfm.org, onde se difunde tamén o espazo de Radio Cerna todos os luns, mércores e venres ás 7 e ás 14 horas. 

13/10/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 13/10/17

Escoita este espazo para coñecer a actualidade ambiental galega en 10 minutos.

11/10/2017   [00:10:00]   [9.20 MB]

A arquitectura galega fronte o cambio climático

A arquitectura ten un importante papel no deseño dun hábitat e contornos amables coa natureza e sostibles para un futuro, mais agora tamén debe propoñer medidas e accións que mitiguen a mudanza climática. O Colexio de arquitectos de Galicia, consciente desta responsabilidade, promoveu diversas charlas e visitas no día mundial da Arquitectura que exemplificasen esa loita do sector contra o cambio climático. En Lugo mostrou como exemplo o único edificio industrial da provincia autosuficiente enerxeticamente.

09/10/2017   [00:10:00]   [9.20 MB]

Unhas 900 persoas participaron na X Limpeza simultánea de Proxecto Ríos

A décima edición da Limpeza Simultánea de Ríos de Proxecto Rios culminou cunha ampla participación. Arredor de 900 persoas, 60 entidades e 45 concellos conseguiron retirar 10 toneladas de lixo das marxes fluviais galegas. O coordinador desta actividade, Paco Bañobre, explica para este espazo en que consiste a actividade, cales son os seus obxectivos e os resultados acadados.

06/10/2017   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 06/10/2017

Radio Cerna ofréceche neste espazo as novas ambientais máis destacadas da última semana. Coñéceas!

03/10/2017   [00:10:00]   [5.73 MB]

O mel e a avespa velutina, factores inversamente proporcionais

Este ano 2017 non foi un ano bo de mel. O descenso da produción sitúase entre o 30-50%. Aos tradicionais factores que afectan negativamente as abellas agora hai que sumarlle a incidencia da avespa velutina, unha especie exótica invasora que mesmo comeza a atacar outro tipo de insectos. O sector apícola de Galiza leva varios anos preocupado pola expansión acelerada da especie polo territorio galego e reclama ás autoridades medidas máis eficaces contra a avespa asiática. Unha das novidades que presentan é a trampa eléctrica.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal